Skip to Content

Blogues

EUROSCOLA 29 de novembro

O vindeiro 29 de novembro entre as 10:00 e as 12:00 teremos unha actividade on line co Parlamento Europeo.

Para asistir debedes cubrir e subvir ao enlace que adxuntamos o permiso dos vosos pais/nais/titores/as legais antes do 19 DE NOVEMBRO,

Enlace para participar na sesión on line EUROCOLA 29 nov

INGALICIA: TIME TO MOVE

Rematamos o mes de outubro coa visita de Elisa, Grazia e Rosita de INGALICIA quen, unha vez máis, achegou Europa ao noso alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de BAC. 

O programa TIME TO MOVE presenta unha selección de proxectos e programas europeos de mobilidade a través de charlas informativas interactivas (ERASMUS+, CES, Discovery UE,...) Estes proxectos, programas e propostas teñen como obxectivo facilitar o desenvolvemento de habilidades blandas (claves para a súa maduración persoal, cívica e profesional) entre a xuventude a través de actividades participativas que promoven o traballo en equipo, o debate, a comunicación en público, a creatividade e a innovación, entre outros fins.

Elisa, Grazia e rosita ofreceron unha comunicación e un programa informativo dinámico e participativo, onde o debate e a reflexión (e algún que outro xogo) lograron que o alumnado coñeza e recoñeza o valor da UE, e a importancia que ten para as nosas vidas. Contaron tamén as súas experiencias nas actividades e proxectos europeos, e como chegaron a descubrir todas estas posibilidades que agora comparten e promoven. Unha vez máis grazas pola vosa colaboración e agardámosvos en futuras ocasións...

NOVO CURSO COMO ESCOLA MENTORA

Este venres 4 de outubro e como inicio dun novo curso no IES Ribadeo Dionisio Gamallo como Escola Mentora das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, recibimos a visita do eurodeputado Francisco Millán Mon, un dos máis curtidos dos nosos políticos en Europa cunha dilatada e activa carreira na defensa dos valores culturais que nos confiren unha identidade común que transcende as nosas fronteiras xeográficas. 

Francisco Millán Mon é Licenciado en Dereito e ingresou na carreira Diplomática en 1980 desempeñando diversos postos. En xaneiro de 2022 ascendeu á categoría de embaixador de España. Conta cunha ampla experiencia nas institucións europeas, xa que é eurodeputado desde o ano 2004, ocupando, entre outras, responsabilidades como membro das comisións de Asuntos Exteriores e Pesca, ou como presidente do Intergrupo “Patrimonio Cultural Europeo, Caminos de Santiago y otras Rutas Culturales Europeas". 

Na súa charla co alumnado de 4º ESO e 2º BAC o eurodeputado presentou a realidade política europea desde unha triple vertente: desde o plano lexislativo, aclarando e distinguindo o proceder normativo europarlamentario e as distintas fases polas que deben pasar os trámites para garantir ecuanimidade e seguridade antes de pasar á práctica, describiu así ao alumnado a esencia lexislativa das institucións europeas; o plano de traballo diario, suliñando a importancia que para Galicia ten a voz dos e das que coñecen e defenden os nosos intereses non só entre os nosos países veciños senón tamén ante a competitividade e a avidez económica doutros competidores lonxanos; e un terceiro plano de valores e ideais de identidade e cultura compartida, que unen na diversidade a toda a cidadanía e que nos comprometen na procura dun futuro en paz e progreso.

As palabras de Francisco Millán Mon, cercanas e acertadas, mantiveron ao alumnado atento e receptivo durante a hora que compartimos no salón de actos do centro, co profesorado, o director e o coordinador de programas internacionais. Unha experiencia que marcará sin duda un curso xa de por sí con grandes novidades para o alumnado. Boa sorte a todos!

 

Cronica3.com  AmarinaXa  Galicia confidencial Galicia@Press AquíDiario @PacoMillanMon 

ENTREGA DIPLOMAS EMBAIXADORES/AS DO PARLAMENTO EUROPEO

Antes de finalizar as clases quixemos entregar algúns dos diplomas recibidos como CENTRO MENTOR DAS ESCOLA S EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO. Ao alumnado de 2º BAC tivemos que entregarllos cando volveron da ABAU, e ao alumnado de 2º e 3º ESO e de 1º BAC entregarémosllos no inicio do novo curso... Pero non quixemos resignarmos e un pequeno grupo de 4º ESO recibiu os seus diplomas aproveitando un momento de actividade no salón de actos do centro. Ademais este alumnado fixo un labor especial dedicando parte do seu tempo a crear obxectos relacionados coa Tecnoloxía e que foron expostos na anual Feira da Ciencia do centro e aínda deixou preparada algunha sorpresa máis. Agradecidos polo seu entusiasmo! pasade un bo verano!!!!

SORTE NON.... XUSTIZA!!!!!

Todo aquelo que aprendistes poñédeo en activo e comezade a sacarlle proveito! Chega o momento de dar un paso adiante e demostrar o voso esforzo.... Que a vida vos favoreza!

Tamén recibides desde aquí recomendacións e ánimos para estes días algo máis densos e complexos.... TIKTOK lvexplica

SEGUIMOS CONSTRUINDO EUROPA!!

Non esquecemos que debemos seguir mantendo os valores que nos unen, independentemente das circunstancias que nos presionan e en garda contra as ameazas que retornan. A responsabilidade e os deberes seguen en activo e vos suxerimos que fagades valer as vosas ideas. Un recordatorio de parte da nosa nova cidadanía.....

INFORMACIÓN sobre as Eleccións europeas.

 

... E se queredes un clásico renovado.... aquí tedes VARIOS xogos clásicos con publicidade subliminal para esta semana de reflexión antes de ir a votar o domingo 9 ou ter entregado o voto por correo ata o venres 7 ;))))

   

 

 

Derradeira actividade do curso para os de 18+

PROPOSTA DE COLABORACIÓN video..... A ver se vos animades, é sinxelo, rápido e ameno.... E xa fixemos algunha cousa máis ao respecto.... O traballo consiste nisto:

 

Ya no queda nada para las Elecciones Europeas del 9 de junio. Ya sabéis que una de las prioridades del Parlamento Europeo son los primeros votantes y desde la Oficina del Parlamento Europeo nos gustaría publicar un video con varios embajadores junior que vayan a votar por primera vez explicando la importancia de votar en estas elecciones y cómo de sencillo es hacerlo.

Por lo tanto, os lanzamos un reto: que grabéis un pequeño video – en formato vertical, en un local sin ruido y con un escenario neutro – con uno de vuestros embajadores junior que vaya a votar por primera vez y diciendo una de las siguientes frases:

 

·       Votar en las elecciones europeas es igual de fácil que en otras elecciones, bajas de casa y vas a tu colegio electoral, ¡y ya está!

·       Son mis primeras elecciones europeas y el 9 de junio votaré porque me importa mi futuro

·       Yo voto por primera vez y lo haré porque me preocupa el cambio climático

·       El 9 de junio votaré en las europeas. Por cierto, díselo a todos tus amigos y familiares también, ¡que si no votas tú, otros decidirán por ti!

·       Creo que es importante votar porque los jóvenes tenemos que hacer que nuestras preocupaciones se escuchen

·       Yo voy a ir a votar con mi familia el 9 de junio y luego nos vamos juntos a comer, si es que no se tarda nada

·       Es la primera vez que voto en unas elecciones y me hace mucha ilusión participar en algo tan importante

·       Tengo apuntando en el calendario que el 9 de junio hay que votar, porque las elecciones europeas son igual de importantes que cualquier otra, o incluso más, que en Europa se decide de todo

·       En el colegio nos han enseñado que la Unión Europea nos afecta en el día a día, por eso el 9 de junio voy a votar, porque quiero decidir sobre mi futuro y lo que está ocurriendo en el mundo

·       El 9 de junio voy a votar en las elecciones europeas porque me importa mis derechos y cómo está cambiando el mundo, como con la IA por ejemplo

 

El alumno puede elegir la frase con que más se identifique. La fecha límite para mandar el video es el martes que viene, día 21 de mayo.

OLLO! que debemos mandalo ese día, así que mandádeme antes a mín o video ... 

FIN DE CURSO PARA 2º BACH

Esta semana despedimos ao noso alumnado veterano... os derradeiros estertores das materias axitando as conciencias do personal (algunhas aínda espertando). A satisfacción dos traballos ben feitos, a responsabilidade do quefacer diario, a promesa de un mañá distinto e elixido,... forman parte das conversas e dos soños destes días....

Para algúns e algunhas aínda quedan fíos que enfiar aínda que sexa con desconfianza... Pero polo menos que reine o bo humor e a camaredería... Con esta idea deixamos aquí algunha mostra do que temos estes días para lembranza de cando non estemos, ou para cando volvamos... No entretanto... que fagades o que debedes facer, vos dean as oportunidades que merezades e consigades todo aquelo ao que aspiredes.

Se algunha vez mirades para atrás pensade que seguiremos estando aquí... dalgunha maneira...! Boa sorte!

Sesión final EUROSCOLA: PROTECTING DEMOCRACY AND FUNDAMENTAL RIGHTS IN EUROPE

Venres 26 de abril de 2024, EUROSCOLA pon o broche final invitándomos a unha nova e derradeira sesión co tema: PROTECTING DEMOCRACY AND FUNDAMENTAL RIGHTS IN EUROPE. Un día complicado xa que o alumnado de 2º BAC B ten unha proba ineludible de Filosofía e xa coñecemeos o dito... Primum vivere, deinde... europeare! Pero contamos co constante e aplicado alumnado de 2º BAC A que de seguro fará un bo resumo do que aconteza aos seus e súas compañeiras. Aquí vos deixamos o plan desta mañá... e algúns dos seus protagonistas:

INGALICIA e EUROPA

Hoxe martes 23 temos a visita de colaboradores de INGALICIA, explicando aos nosos bachilleres as posibilidades de estudo, traballo, voluntariado tanto no verano como para o curso lectivo estean onde estean; e tamén os protocolos, papeleos, e trámites que deben realizar para ser visibles como participantes nos distintos e posibles eventos que desde a Unión Europea se propoñen.

Agardamos os comentarios do alumnado para facer a valoración completa da actividade... pero como sempre moitas grazas a INGALICIA por brindarse e implicarse con nos!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut