O venres 19 de novembro realizamos unha actividade de EDUCACIÓN VIAL a partir da hora do recreo e que dividimos en tres partes: un obradoiro coordinado por voluntarias da ONG STOP Accidentes, unha interpretación musical de integrantes da Banda Municipal de Música de Ribadeo, e unha lectura do diálogo MIS TROMPIS, no que Luis Pulpeiro (o pai de Almudena) relata o fatídico accidente que sufriu a súa filla e co que pretende lembrar e sensibilizar sobre a responsabilidade, o risco, as consecuencias e a importancia que a mobilidade e os medios dos que dispoñemos na sociedade teñen nas nosas vidas, e para que os utilicemos con plena conciencia.
Interpretación musical (en la páx. de STOP Accidentes) a cargo de membros da Banda Municipal de Música de Ribadeo.
Contamos coa presenza das cámaras de reporteiras de TVE1 que gravaron toda a nosa aprendizaxe e ademais mantiveron unha longa charla con Inmaculada e Luis, nai e o pai de Almudena. O domingo 21 nos telediarios das 3 da tarde e das 9 da noite fixéronse eco destas lembranzas e de estas aprendizaxes. Relatos dunha fatídica e tráxica experiencia que non esqueceremos nas nosas vidas, pero tamén unha lección de responsabilidad duns pais que queren que a súa desgracia se traduza en prudencia, atención e respecto ás normas de circulación e ao perigo que supón a mobilidade nas carrreteras.
TVE1 Día de las víctimas de accidentes de tráfico 15:00horas (21 nov)
TVE1 Día de las víctimas de accidentes de tráfico 21:00horas (21 nov. Desde min. 27 ao min. 29,28)
El Progreso (25 nov)
CADENA COPE (24/11/21)
La Voz de Galicia (24/11/21)
TVG Fun polo aire (3/12/21 Programa 654, 21:24)