Skip to Content

Charla de Felipe Trillo Alonso sobre "Estudar e aprender na Universidade"

Hoxe 8 de novembro, o alumnado de 2º BAC e algúns dos seus profesores e profesoras asistiron no salón de actos á charla de Felipe Trillo da Facultade de Cc da Educación da Universidade de Santiago de Compostela sobre "Estudar e aprender na Universidade".

Unha charla na que o ponente presentou as características dos estudantes, as expectativas, os intereses, os obxectivos,... e tamén unha parte da realidade estudantil e académica que lles servirá para entrar cun paso máis decidido na institución e no mundo universitario. Os claros e as sombras de esta opción foron desgranados de forma cercana e xovial polo profesor Trillo e estamos convencidos de que servirán como punto de partida dunha visión máis realista e tamén máis esperanzada dos seu futuro formativo.

O repaso dos valores que rodean o futuro novo estatus dos nosos alumnos e alumnas incluiu tamén a necesaria referencia á realidade europea que se lles abre de forma rotunda e que lles permitirá ampliar aínda máis o seu horizonte como estudantes.

Agardamos ler comentarios sobre o sucedido durante as dúas horas que durou a charla. Grazas profesor e ánimo a TODS.




blog | by Dr. Radut