Skip to Content

DÍA DA PAZ E SESIÓN AUTONÓMICA DO MEP

(6 de febreiro) Durante este mes que levamos de clase do recén estreado e pandemiado 2021 o alumnado do centro segue a traballar dilixentemente e segue tamén realizando as actividades que xa son clásicas no departamento aínda que de forma novedosa.

  A semana anterior e posterior ao sábado 30 de xaneiro (DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA) o alumnado de Filosofía traballou sobre símbolos, protagonistas, premios Nobel e outros aspectos significativos desta data. En breve faremos público algún traballo que intenta recoller parte deste proxecto que o alumnado segue defendendo. lembrade que o 2021 é o ANO INTERNACIONAL DA PAZ E DA CONFIANZA, e tendo alumnas parlamentarias podedes ler a resolución das Nacións Unidas, e incluso pedirlles a elas que vos expliquen convenientemente eses contidos de linguaxe parlamentaria...

 

Tamén esta fin de semana, o venres e o sábado, as catro alumnas seleccionadas para a participación na II Sesión do Modelo de Parlamento Europeo aportaron todo o seu bo facer nesta singular edición do MEP. Un formato máis estresante e que nos privou de experiencias como as dos anos anteriores, pero que segue mantendo un nivel educativo, académico e social moi elevado. A súa participación foi brillante e tanto nas preguntas como nas respostas souberon presentar as súas ideas con racionalidade e boa argumentación. Unha pequena mostra deste formato virtual podedes vela nos documentos gráficos que acompañan a noticia.

(10/2/21) Artigo de El Progreso sobre as xornadas desta II Sesión e o programa MEP.

(12/12/21) Publicación en AMARIÑAXA

(10/2/21) Publicación da actividade en Cronica3.com.

(11/2/21) Publicación da actividade en La Voz de Galicia.

Ceremonia inaugural da II Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo



blog | by Dr. Radut