Dende o 4 de marzo ata o final de curso 20 centros de toda Galicia participan nun novo proxecto educativo de prensaescuela. Cada centro presentará unha reportaxe sobre un tema elixido polo alumnado e profesorado participante e sairá publicado os mércores segundo un calendario xa establecido. Esas noticias serán valoradas pola comunidade educativa e ao remate do proxecto unha delas resultará seleccionada para seren publicada en edición normal do xornal.
Esta proposta foi publicada o venres 14 de febreiro en La Voz de Galicia.
Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, coordinados polo profesor Manel Yáñez, profundará sobre o tema da INCLUSIÓN, unha resposta cada vez máis necesaria ante as actitudes intolerantes de parte da sociedade, e tamén como elemento unificador fronte á negación da diversidade como factor positivo do noso progreso como persoas. Entrevistas, conceptos, datos e reflexións que de seguro fomentarán a reflexión e o diálogo formativo entre o noso alumnado. Un paso necesario na nosa formación como ciudadanía positiva e crítica.