Skip to Content

INGALICIA: TIME TO MOVE

Rematamos o mes de outubro coa visita de Elisa, Grazia e Rosita de INGALICIA quen, unha vez máis, achegou Europa ao noso alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de BAC. 

O programa TIME TO MOVE presenta unha selección de proxectos e programas europeos de mobilidade a través de charlas informativas interactivas (ERASMUS+, CES, Discovery UE,...) Estes proxectos, programas e propostas teñen como obxectivo facilitar o desenvolvemento de habilidades blandas (claves para a súa maduración persoal, cívica e profesional) entre a xuventude a través de actividades participativas que promoven o traballo en equipo, o debate, a comunicación en público, a creatividade e a innovación, entre outros fins.

Elisa, Grazia e rosita ofreceron unha comunicación e un programa informativo dinámico e participativo, onde o debate e a reflexión (e algún que outro xogo) lograron que o alumnado coñeza e recoñeza o valor da UE, e a importancia que ten para as nosas vidas. Contaron tamén as súas experiencias nas actividades e proxectos europeos, e como chegaron a descubrir todas estas posibilidades que agora comparten e promoven. Unha vez máis grazas pola vosa colaboración e agardámosvos en futuras ocasións...



blog | by Dr. Radut