Skip to Content

FIN DE CURSO PARA 2º BACH

Esta semana despedimos ao noso alumnado veterano... os derradeiros estertores das materias axitando as conciencias do personal (algunhas aínda espertando). A satisfacción dos traballos ben feitos, a responsabilidade do quefacer diario, a promesa de un mañá distinto e elixido,... forman parte das conversas e dos soños destes días....

Para algúns e algunhas aínda quedan fíos que enfiar aínda que sexa con desconfianza... Pero polo menos que reine o bo humor e a camaredería... Con esta idea deixamos aquí algunha mostra do que temos estes días para lembranza de cando non estemos, ou para cando volvamos... No entretanto... que fagades o que debedes facer, vos dean as oportunidades que merezades e consigades todo aquelo ao que aspiredes.

Se algunha vez mirades para atrás pensade que seguiremos estando aquí... dalgunha maneira...! Boa sorte!



blog | by Dr. Radut