Nos últimos tempos (e falamos de séculos) o menosprezo polas ideas relixiosas foi en aumento, e a este feito sumouse o impulso que a sociedade capitalista deu a certas festividadesl, cultos e ritos con clara tendencia fideísta de calquera índole. Isto levou, nalgúns casos, a escoller e/ou retomar tradicións e costumes que, sendo tamén lonxanas, apártanse suficientemente das nosas crenzas máis cercanas.
Para desgusto de moitas destas persoas snobs e pseudointelectuais, os ritos, costumes e tradicións teñen en todas as culturas (alomenos do noso planeta) unha compoñente espiritual, mística, fetichista, anímica,... ou similar que resulta innegable para calquera. O cal non implica que sexa algo malo, senón simplemente que a evolución funciona (para ben ou para mal) e que debe ser algo co que contemos e que teñamos en conta.
O bo e o malo que cada sociedade teña asumido, producido ou eliminado non debe ser óbice para que se recolla, remire, readapte ou definitivamente se relegue ao máis absoluto pasado. Tendo en conta estes factores queremos presentarvos a historia de san Valentín, un máis dos protagonistas da historia relixiosa que pasou por avatares suficientes como para lembralos. Certo é que non sabemos con seguridade se foi este o que hoxe celebramos ou algún outro, pero al menos este ten detalles que o relacionan con esta festividade. Tampouco sabemos se os feitos que herdamos dos nosos antergos son fieis á realidade... pero o caso é que a transcendencia e actualidade (eterna e humana, aínda que soe contradictorio) do asunto impulsa esta acotación histórica (ou case).
Lede aquí pois unha posible orixe desta celebración... Un cura para o amor