O vindeiro LUNS 11 de decembro asistiremos a unha charla virtual no salón de actos do centro ás 09:30, a cargo do ponente Javier García Campayo, co Título "Salud mental en el momento actual".
Información sobre o autor: Javier García Campayo, licenciado en Medicina pola Universidad de Zaragoza, donde realizou a tese Doutoural, cursou a especialidade de Psiquiatría no Hospital Clínico Universitario de Zaragoza. Ten realizado estancias de investigación nas Universidades de Manchester e Cambridge (Gran Bretaña) e McGill (Montréal, Canadá). Lidera o Grupo de Investigación “Salud Mental en Atención Primaria” recoñecido polo Goberno de Aragón, que forma parte da Red de Investigación en Atención Primaria (REDIAP) do Ministerio de Sanidad. Escribiu máis de 20 libros e 25 capítulos de libros e ten publicado máis de 300 traballos de investigación. É o director do Máster de Mindfulness da Universidade de Zaragoza, o máis antigo nese tema dunha universidade de fala hispana.
Podes ver a gravación desta charla seguindo o seguinte enlace "Salud mental en el momento actual".
Aquí podedes consultar o material informativo da charla en PDF.