Hoxe toca percorrido corto e praias. O noso destino pasa pola praia de As Catedrais que, a pesares de non estar en marea baixa puidemos chegar ata os famosos e coñecidos arcos cunha pequena molladura nos pes. Ampla sesión de paseo corto e fotos que de seguro serán lembradas o resto da súa vida. Seguimos percorrido pola costa ata chegar á ría de Foz, parada nun dos paraxes aínda despoblados lindando coa vila de Foz e os seus alicientes. Dende aquí seguiremos camiño ata os cantís de Loiba, unha breve variante na rutina dos nosos intercambios, pero moi atractiva. Logo de poñermos ao borde dos cantís máis elevados da Europa continental, retornamos cara o punto máis setentrional da península ibérica: Estaca de Bares. Abordada a punta continuamos camiño cara o semáforo de Bares e arribamos ao Porto de Bares, a nosa parada para o xantar, o relax, os xogos e o baño... unhas horas de confraternización e relax que nos deron ánimos e cansaron á vez. Emprendimos as 18:00 horas o regreso a Ribadeo onde chegamos hora e media máis tarde.
Unha xornada corta, con moitas paradas, cercana, que nos levou a cruzar o límite da provincia de Lugo e adentrarnos timidamente da provincia de A Coruña. Mañá quedaremos na vila.... e xa contaremos a nosa aventura....