Este mércores 3 de maio saiu publicada a segunda das reportaxes que traballamos no centro para Prensaescuela. Esta vez 4 alumnas de 4º ESO (Ángela Alcántara Coto, Sara Requejo Fernández, Daniela Rodríguez Gago e Cristina Santamarina Sánchez) coordinadas polo profesor Javier Rodríguez González. O tema se anticipa á realidade social e histórica da vila porque trata a fortificación que ao carón do mar estamos acostumados a ver cando paseamos pola beira da ría de Ribadeo en dirección ao islote da illa Pancha, e do que durante o 2024 celebraremos os seus 400 anos de historia. Unha historia que estas 4 alumnas glosan de forma acertada despois dun traballo longo e arduo que incluiu a asistencia á charla que o cronista oficial Eduardo Gutiérrez, o historiador e descubridor Alberto Paraje e a concelleira de cultura do concello de Ribadeo, Pilar Otero, ofreceron o pasado 10 de febreiro, tanto na inauguración da exposición que abr os fastos do aniversario, como a posterior charla e a visita ao día seguinte do FORTE DE SAN DAMIÁN: UN MONUMENTO ESQUECIDO.
Noraboa pois a estas brillantes alumnas que conseguiron dar voz desde as aulas a unha realidade histórica que temos moi preto e que sen embargo non coñecemos. Agardamos que o seu traballo sirva de acicate para o seu coñecemento, coidado e recuperación. Lede pois a reportaxe e visitade o lugar porque tanto a súa historia pasada como o seu presente deben axudar a mellorar o seu futuro.