Este venres 14 de outubro a Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel Toimil, e o Xefe Territorial de Política Social e Xuventude Javier Vázquez Nodal, entregaron o 4º Premio do concurso TAEUS “Take a walk on the EU side” ao alumnado de 2º BAC do IES Ribadeo Dionisio Gamallo.
Nun acto celebrado ante un numeroso alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BAC, Cristina Pichel fixo entrega dos certificados ao alumnado logo de dirixir unhas palabras e de escoitar a presentación que Paula López Yáñez, en nome dos seus compañeiros e compañeiras fixo do video “Recuperación de nuestra memoria histórica a través de Fondos Europeos" sobre o arquivo histórico do noso concello, levado a cabo baixo a supervisión do profesor de Filosofía Manel Yáñez Dablanca o curso pasado.
Neste acto estivemos acompañados por Sara e Nino, integrantes do equipo INGALICIA, coordinadores do Proxecto TAEUS (e outros) que desenvolveron a actividade TIME TO MOVE para rematar unha xornada de formación e difusión de alternativas para a xuventude, en definitiva para todo o alumnado. Gracias!!!
La Voz de Galicia 15 out 22:
La Comarca del Eo 22 out 2022: