Skip to Content

blogue deadmin2

Iniciación ao rugby

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Parte do alumnado do Instituto durante as clases de Educación Física das últimas semanas tivo a oportunidade de recibir clases de aproximación e familiarización a unha nova práctica deportiva, grazas ó Club de Rugby BeOne de Ribadeo ó que lle agradecemos a súa colaboración.

 

 

(22/12/2020): Xubilación de Carmen Rañón

 

A comunidade educativa do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo felicita a Mari-Carmen Rañón, profesora recentemente xubilada. Grazas Carmen, por todo o teu traballo e esforzo, por ser sempre exemplo de saber facer e por tantas horas dedicadas a alumnado con moitas e diversas necesidades. Querémoste!

 

 

Bo Nadal e os Mellores Desexos para o 2021

.

(18/12/2020): Obradoiro de Zostera

PRADEIRAS MARIÑAS, Tesouros de Diversidade

                 

O pasado venres 18 de decembro, o alumnado de 1º de ESO participou nun obradoiro a cargo do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) sobre as pradeiras mariñas de zostera ou herba do mar. Durante a actividade, aprenderon moitas cousas sobre estes ecosistemas de alto valor ecolóxico, tan próximos a nós pois e, ao mesmo tempo, tan descoñecidos.

Fondo libros e vales para o curso 20/21

 

Xa se poden consultar as LISTAXES PROVISIONAIS de admitidos/as no PRÉSTAMO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NA APLICACIÓN FONDOLIBROS, APARTADO CIDADÁN. Tamén se poden consultar telefónicamente, chamando á Secretaría do Centro. Existe un período de reclamción de dous días seguintes á publicación.

 

NON SE PUBLICARÁN AS LISTAXES NA PÁXINA WEB POR MOTIVOS DE PROTECCIÓN DE DATOS.

Nesta listaxe provisional só aparece o número de libros asignados a cada alumno/a, sen especificar cales. A listaxe definitiva cos libros asignados publicarase non máis tarde do 14 de setembro de 2020, unha vez rematada a matrícula. Os libros aos que teñan dereito serán repartidos entre o 16 e o 25 de setembro.

RECOLLIDA DE VALES na Secretaría do Centro dende o LUNS 13 ATA O VENRES 17 DE XULLO en horario de 10 a 13 h (SÓ NO CASO DE TER FORMALIZADA A MATRÍCULA). Se non poden recollelos nestas datas, poderanse recoller no mes de setembro.  

Atentamente A dirección

 

 

El valor de la ciudadanía: la educación como fundamento del futuro en Europa

 

Creouse un espazo na biblioteca do Centro sobre temas relacionados con Europa.

A idea dunha Europa común é a que anima una serie de actividades do noso centro, e que durante estes dous cursos polariza o traballo dun grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e algún e algunha de 4º de ESO.

Os primeiros títulos xa están á vosa disposición e intentan responder á pregunta sobre as orixes da Unión Europea. Pensadores e políticos que ao longo do tempo foron forxando a idea dunha Europa en paz, unida con valores supranacionais que respectaran e defenderan as distintas singularidades; tamén hai sitio para outros pensadores que criticaron e denostaron esa mesma idea de Europa. Coñecer os distintos puntos de vista é paso necesario para poder orientar o noso propio.

Entre estes primeiros pensadores atoparedes nomes universais e figuras moi importantes na historia precedente que ademais tiveron un papel moi singular en prol da defensa dun futuro en común e o fomento de valores colectivos de cooperación e desenvolvemento: Churchill, Adenauer, Schengen, Schuman, Salvador de Madariaga ou Ortega y Gasset forman parte xa dun rincón da nosa bilblioteca adicado á nosa realidade pasada, presente e futura.

 

J. Manuel Yáñez Dablanca

Coordinador de proxectos europeos

 

 

Novo epígrafe na sección biblioteca

Información xeral

 

No Proxecto Anual da biblioteca para o curso 2018-19 recolliamos a necesidade de difundir a través da rede tanto o coñecemento e funcionamento da nosa biblioteca como os recursos de que dispón (tanto para os usuarios como para o público en xeral). Con este fin engadimos un novo epígrafe no apartado da Biblioteca na web do instituto baixo o nome “Información Xeral”. Nel atopamos información sobre diversos aspectos: lexislación, normas, horario, usuarios, distribución do espazo, organización e xestión dos fondos, recursos dispoñibles, etc…

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/462

 

 

 

Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

 

 

 

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero  o día 25 de novembro a Biblioteca quixo sumarse ao acto coa incorporación de novos títulos á sección de Literatura Feminista, coa firme crenza de que a educación na igualdade é un dos pilares para erradicar esta lacra social. 

 

 

 

 

Confiamos en que estes libros sexan unha ferramenta habitual de traballo para os distintos departamentos.

Están á vosa disposición na biblioteca do centro.

 

.

Inicio de curso. Presentacións 2017 - 2018

Venres, día 15:

10:00 h.: Claustro.

12:30 h.: Presentacións de 1º e 2º de ESO.

13:00 h.: Presentacións de 3º e 4º de ESO.

14:00 h.:Comedor.

14:30 h.: Saída do autobús.

Luns, día 18:

08:30 h: Inicio das clases na ESO.

11:30 h: Presentación de 1º e 2º de bacharelato.

12:30 h: Conferencia inaugural: “Unha visión de Suso Peña e o seu legado”, a cargo de Roberto Rodríguez Rodríguez.

Luns, día 25:

16:30 h.: Presentación de EBI (Ensinanzas Básicas Iniciais) e ESA (Educación Secundaria de Adultos).

Despois da presentación iniciaranse as clases con normalidade.

Luns, día 2 de outubro:

18:20 h.: Presentacións de Bacharelato de adultos.

Despois da presentación iniciaranse as clases con normalidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut