Skip to Content

DÍA DA PAZ E SESIÓN AUTONÓMICA DO MEP

(6 de febreiro) Durante este mes que levamos de clase do recén estreado e pandemiado 2021 o alumnado do centro segue a traballar dilixentemente e segue tamén realizando as actividades que xa son clásicas no departamento aínda que de forma novedosa.

  A semana anterior e posterior ao sábado 30 de xaneiro (DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA) o alumnado de Filosofía traballou sobre símbolos, protagonistas, premios Nobel e outros aspectos significativos desta data. En breve faremos público algún traballo que intenta recoller parte deste proxecto que o alumnado segue defendendo. lembrade que o 2021 é o ANO INTERNACIONAL DA PAZ E DA CONFIANZA, e tendo alumnas parlamentarias podedes ler a resolución das Nacións Unidas, e incluso pedirlles a elas que vos expliquen convenientemente eses contidos de linguaxe parlamentaria...

 

Tamén esta fin de semana, o venres e o sábado, as catro alumnas seleccionadas para a participación na II Sesión do Modelo de Parlamento Europeo aportaron todo o seu bo facer nesta singular edición do MEP. Un formato máis estresante e que nos privou de experiencias como as dos anos anteriores, pero que segue mantendo un nivel educativo, académico e social moi elevado. A súa participación foi brillante e tanto nas preguntas como nas respostas souberon presentar as súas ideas con racionalidade e boa argumentación. Unha pequena mostra deste formato virtual podedes vela nos documentos gráficos que acompañan a noticia.

(10/2/21) Artigo de El Progreso sobre as xornadas desta II Sesión e o programa MEP.

(12/12/21) Publicación en AMARIÑAXA

(10/2/21) Publicación da actividade en Cronica3.com.

(11/2/21) Publicación da actividade en La Voz de Galicia.

Ceremonia inaugural da II Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo

MODELO DE PARLAMENTO EUROPEO 2021

Un curso máis participamos na II Sesión Autonómica do programa Modelo de Parlamento Europeo que, baixo os auspicios da Fundación san Patricio, organiza o colexio Manuel Peleteiro de Santiago.

4 alumnas de 1º BAC (Elisa Otero Rodríguez, Helena Asensio Bande, Patricia Izquierdo Sampedro e Carme Lago Fernández) presentaron traballos de temática europea e foron elixidas para participar nesta II Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo, que se celebrará en sesións virtuais o venres 5 de febreiro (de 9 horas a 19:30) e a mañá do sábado 6 de febreiro (de 9 horas a 14:30).

Este é o resumo das xornadas de traballo:

II Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo

Nenos e maiores

 

 

O Centro de Día Aloumiños de Foz xunto co Servizo de Axuda no Fogar Aloufogar organizaron antes do Nadal un concurso de debuxo ou relato titulado Nenos e maiores. O obxectivo era sensibilizalos respecto ó coidado das persoas maiores así como valorar o beneficio e a sorte de poder relacionarse cos avós e avoas.

 

Pois ben, na categoría de 13 a 16 anos, non só participou bastante alumnado do noso centro senón que resultaron gañadoras dúas das nosas alumnas: O 1º premio foi para o debuxo de Claudia Loureiro García, de 2º ESO A e o 2º premio foi para o relato de Carolina Bouso Díaz, alumna de 4º ESO B.

 

Parabéns ás dúas e a tódolos participantes pola sensibilidade amosada!!!

 

Claudia Loureiro: debuxo Carolina Bouso: relato

 

Preme na imaxe para ampliala

Cestas saudables

                                          

Coa finalidade de fomentar hábitos de vida saudables e dar a coñecer a oferta de actividade física dende as entidades locais, o Dtpo de Educación Física organizou por primeira vez o sorteo de tres orixinais cestas saudables, grazas á colaboración do comercio local.

A forma que ten o alumnado de conseguir rifas é a través dos méritos acadados na materia de Educación Física ou por Proxectos relacionados coa mesma. No primeiro sorteo, realizado o luns 21 de decembro, resultou agraciada Carolina Carreira Noche, de 1ºBAC A, coa rifa número 1054. Noraboa!!

(01/12/2021): Calendario 2021.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o alumnado de Literatura galega e sociedade, materia de libre configuración de centro de 2º de BAC, elaborou un calendario de sobremesa.

Este ano, o tema escollido é a vexetación do xardín do instituto. Cada mes inclúe unha foto dunha árbore ou arbusto do xardín, acompañada dun texto literario que alude a esa planta.

O alumnado que traballou no proxecto foi Nekane Fernández, Paula Freire, María Cela, Irene Logares, Chaimaa Selouane e Borja Fernández. Na edición colaborou o Equipo de dinamización da lingua galega.

CONSULTA AQUÍ O CALENDARIO COMPLETO

(21/12/2021): 100 anos do Grupo Nós.

O día 21 de decembro tivo lugar unha videoconferencia sobre o Grupo Nós dirixida ó alumnado de 4º de ESO e impartida por Mª do Pilar García Negro.

O alumnado participante recibiu como agasallo un caderno sobre O Grupo Nós e outro sobre Carvalho Calero, grazas á colaboración da Exma. Deputación de Lugo, que colaborou na edición dos textos.

Coorganizaron a actividade o Equipo de dinamización da lingua galega  e o Departamento de portugués.

Iniciación ao rugby

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Parte do alumnado do Instituto durante as clases de Educación Física das últimas semanas tivo a oportunidade de recibir clases de aproximación e familiarización a unha nova práctica deportiva, grazas ó Club de Rugby BeOne de Ribadeo ó que lle agradecemos a súa colaboración.

 

 

(22/12/2020): Xubilación de Carmen Rañón

 

A comunidade educativa do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo felicita a Mari-Carmen Rañón, profesora recentemente xubilada. Grazas Carmen, por todo o teu traballo e esforzo, por ser sempre exemplo de saber facer e por tantas horas dedicadas a alumnado con moitas e diversas necesidades. Querémoste!

 

 

(18/12/2020): Obradoiro de Zostera

PRADEIRAS MARIÑAS, Tesouros de Diversidade

                 

O pasado venres 18 de decembro, o alumnado de 1º de ESO participou nun obradoiro a cargo do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) sobre as pradeiras mariñas de zostera ou herba do mar. Durante a actividade, aprenderon moitas cousas sobre estes ecosistemas de alto valor ecolóxico, tan próximos a nós pois e, ao mesmo tempo, tan descoñecidos.

Distribuir contido


by Dr. Radut