Skip to Content

INSTRUCIÓNS E HORARIOS DE MATRÍCULA 2024-25

Achégase a seguinte documentación:

  • INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA 2024-25
  • IMPRESOS DE MATRÍCULA 2024-25: o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º, 2º de BACH fixo prematrícula. Cando veña a formalizar a matrícula deberá confirmar os datos cubertos na prematrícula ou realizar os cambios que considere. Se non fixo prematrícula deberá traer cuberto o impreso de matrícula correspondente. En caso de divorcio deberán asinar os impresos os dous proxenitores.
  • SOLICITUDE DE SERVIZO DE TRANSPORTE
  • SOLICITUDE DE COMEDOR
  • AUTORIZACIÓN USO DE IMAXE: as familias (se o alumnado é menor de 14 anos) ou o propio alumnado (se é maior de 14 anos) deberán entregar este documento para autorizar, ou non autorizar, a difusión de imaxes coa finalidade de promover as actividades e eventos realizados no centro.

HORARIOS DE MATRÍCULA (máis información nas instrucións de matrícula):

  • 1º ESO: martes, 25 de xuño
  • 2º ESO: mércores, 26 de xuño
  • 3º ESO: xoves, 27 de xuño
  • 4º ESO: venres, 28 de xuño
  • 1º BACH: luns, 1 de xullo
  • 2º BACH: martes, 2 de xullo

A dirección

 

Mily Osorio de visita no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

   

Rematamos o curso coa visita de Mily, filla do prezado escultor Eduardo Rodríguez Osorio, que foi profesor do Instituto Laboral dende  a súa creación en 1955 ata 1963.

Xubilacións profesorado

Neste curso 2023/24, despedimos a catro profesores e profesoras moi prezados para nós:
Susana Díaz Oriol, profesora e de lingua e literatura galega e coordinadora da biblioteca, Alfonso Piñeiro Funcasta, profesor de matemáticas, José Ángel Meijide Solana, profesor de lingua inglesa e Teresa Rouco Otero, profesora de matemáticas.
Queremos renderlles unha cariñosa homenaxe amosándolles o noso recoñecemento e todo o noso afecto polo seu traballo e compromiso co IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Agradecer a vosa entrega e dedicación; deixades unha fonda pegada tanto no alumnado como en toda a comunidade educativa do centro.
Os nosos mellores desexos nesta nova etapa que agora emprendedes.

Premios MegABAU

Parabéns a Andrea Rodríguez e Alba Fernández, representantes do noso centro no Acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024 que tivo lugar no Coliseum da Coruña o venres 21 de xuño.

Unha viaxe no tempo a través da Arte de Eduardo Rodríguez Osorio

Alumnos e alumnas do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, acompañados por Roberto Rodríguez e Susi Besteiro visitaron no Forte de San Damián, a exposición “Unha viaxe no tempo a través da Arte” de Eduardo Rodríguez Osorio.

Gañadoras II Concurso Escolar EcoEduca

VER VÍDEO

Cinco alumnas de 2° ESO do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo foron gañadoras a nivel nacional da 2ª Edición do Concurso Escolar Ecoeduca: "Haz tu mundo más sostenible" organizado por PortAventura World.
As alumnas: Iria Molejón, Sara Samrawit Otero, Santina Pilar Rocha, Claudia Rañón e Iria López acompañadas polos profesores Andrés Rodríguez e Granadina Díaz do departamento de Física e Química resultaron gañadoras no concurso escolar co proxecto YINCANA CUIDA MEDIO AMBIENTE

INTERCAMBIO ALUMNADO FRANCIA

   

O departamento de francés do centro, organizou este curso un intercambio co Lycée Laënnec de Pont L'Abbé no país galo grazas ao programa EduFrance da @xuntagalicia.
Alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato de francés acompañados polas súas profesoras de francés, Ana Mauriz e Natalia Pérez puído visitar Paris e pasar unhas xornadas cos seus correspondants nesta zona da Bretaña francesa e incluso achegarse a coñecer Loctudy, a vila irmandada coa nosa de Ribadeo. A estancia do alumnado ribadense en Francia tivo unha duración de 7 días e desenvolveuse do luns 20 ó domingo 26 de maio.

GRADUACIÓN 2º BACH 2024

VER GALERÍA DE IMAXES

O pasado vences 7 de xuño pechamos unha etapa, pero ábrese outra chea de ilusións para o noso alumnado de 2 de Bacharelato.
O importante ao final deste camiño non é a meta nin a nota, senón a aprendizaxe lograda ao longo destes cursos.
Esperamos que isto sexa o inicio de anos de éxitos persoais e profesionais, aquí sempre serán benvidos porque esta sempre será a súa casa.

Finais torneos deportivos

O último venres de curso puidemos gozar das semifinais e finais dos torneos deportivos que se organizaron durante este curso 23-24.

Distribuir contido


by Dr. Radut