Skip to Content

Blogues

O MEP na radio e mitos do Nadal en clase!

Últimos días de clase do 2022... Tiñamos pendente contar a experiencia na IV sesión Autonómica do MEP e así o fixemos o mércores 21 de decembro con Juana Carrera en radio cadena COPE. Sempre é unha boa oportunidade explicarse en público, contar o que aprendemos e difundir o que vivimos. Tal vez sexan estas as mellores aprendizaxes que poidamos levar con nos o resto da nosa vida. O doble perfil das alumnas Mariam Dilami, Alba Loureiro, Patricia Pérez López e Candela Rodríguez, como embaixadoras junior do Parlamento europeo e como delegadas para o MEP enriquece unha charla na que desenvolven as súas vivencias deste primeiro trimestre.

De regreso ao centro Alba Loureiro presentou un traballo en clase sobre algúns dos mitos do Nadal: as orixes desta celebración, e algúns dos costumes que xa forman parte da nosa rutina estacional: as uvas, a árbore,... Unha lección realista que non empaña en absoluto a significación especial destas datas. 

FELIZ NADAL E FELIZ ANINOVO!!

.... Unha discreta entrada para desexarvos a TODS un feliz Nadal e un próximo vindeiro 2023 cheo de paz e prosperidade.... Retornaremos para seguir traballando desde a Filoosfía na formación de cidadanía responsable... 

FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANINOVO!!

Esamos rematando o trimestre e con el remataremos tamén o ano 2022. Agardamos que o ano 2023 traiga PAZ, PROSPERIDADE e PROGRESO, e que con el finalicen todos os problemas complexos e complicados cos que levamos convivindo desde fai xa varios meses.

Temos tempo aínda ata febreiro para completar os noso novo grupo de embaixadores/as junior do Parlamento Europeo, pero aquí tedes unha mostra benintencionada....

Volveremos con forzas renovadas e con maior ímpetu para plantarlle cara a todas as novas situacións que a nosa circunstancia nos depare.

Con esta idea e esta intención... os mellores desexos para TODS....

Modelo de Parlamento Europeo 2022 (18-19 nov)

Neste Ano Europeo da Xuventude 2022, nun ano no que se cumpre o 70 aniversario da constitución do Parlamento Europeo as alumnas Mariam Dilami, Patricia Pérez López, Alba Loureiro Peña e Candela Rodríguez Cela de 1º BAC participaron na IV Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo, un programa educativo cuxo obxectivo é promover na mocidade a concienciación da cidadanía europea e a cultura do debate parlamentario construtivo, onde o alumnado teña a oportunidade de investigar diferentes temas europeos de actualidade, opinar, presentar propostas e converterse en parlamentaria durante unhas horas.

El Correo Gallego (20 nov) La Voz de Galicia (20 nov) Séguenos en TWITER

DÍA DA FILOSOFÍA 2022

Un curso máis facémonos eco e facemos oco á promoción que a UNESCO ven facendo desde 2002, corporativamente desde o 2005, en pro do ensino da Filosofía no ámbito escolar. Ao longo de moitos anos reivindicamos o saber filosófico como polo catalizador da reflexión do ser humano. Durante estes tempos repensamos, defendimos, criticamos, expuxemos,... moitas razóns que avalan o estudo desta materia e a práctica dos seus principìos. Exemplos deixamos de seguido sobre o que pensamos... pero tamén queremos difundir e divulgar os contidos principais que forman parte do noso labor.

Esta é a nosa contribución no DÍA DA FILOSOFÍA....

Noutros formatos: Cronica3.com , Xornal da Mariña , El Progreso (19nov)

Entrevista en CADENA COPE

 

Aproveitemos para escoitar a reflexión que Victoria Camps realiza sobre este tema e algúns outros.

Ou ben a opinión que sobre a Filosofía ten Federico Mayor Zaragoza (Ministro de Educación e Ciencia 1981-1982 e Director xeral da UNESCO entre 1987 e 1999).

Máis didáctica e escolar é a defensa da Filosofía que fai Adela Cortina.

Cremos que, para unha entrada no blog neste apartado INFOPOINT, temos xa dados os pasos suficientes.

MODELO DE PARLAMENTO EUROPEO Santiago 18-19 novembro

Os vindeiros 18 e 19 de novembro 4 alumnas de 1º BAC participarán na IV Sesión Autonómica do Parlamento Europeo que se celebrará en Santiago de Compostela coa coordinación do Colexio Peleteiro.

Nesta ocasión as nosas alumnas debaterán e presentarán resolucións sobre os seguintes temas:

1. A nova orde xeopolítica e a defensa de Europa (Comisión de Seguridade e Defensa)

2. A intelixencia artificial, novos espazos dixitais e a protección dos Dereitos Humanos (Comisión de Intelixencia Artificial na Era Dixital)

3. Emprego xuvenil: Inverter na xuventude europea (Comisión de Emprego e Asuntos sociais)

4. A crise de suministros e o papel de Europa no comercio internacional (Comisión de Industria, Investigación e Enerxía)

DÍA MUNDIAL EN RECORDO DAS VÍTIMAS EN ACCIDENTES DE TRÁFICO

O terceiro domingo do mes de novembro se celebra este Día Mundial, unha efeméride proclamada pola Asamblea XEral das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de reducir o número de vítimas en accidentes de tráfico.

DÍA MUNDIAL EN RECORDO DAS VÍTIMAS EN ACCIDENTES DE TRÁFICO

Desde o noso centro queremos participar un curso máis neste recordo dunha forma, por desgracia, máis cercana: coa experiencia de Luis e Macu, que converteron a súa desgracia en lección de vida e que, co seu testimonio, axudan a que tomemos conciencia deste profundo problema e poñamos os medios necesarios ao noso alcance para palialos.

O curso pasado fixemos unha actividade auspiciada por STOP Accidentes, e neste curso comezamos co relato de Almudena en boca do instrumento que ela elixiu como forma de expresión: a trompa. Un diálogo recreado para o recordo desta vida truncada nun accidente de tráfico.

As miñas trompis, de José Luís Pulpeiro serve como lección e reflexión de vida para todos os que temos ao alcance das nosas mans a posibilidade de reducir esta espantosa siniestralidade. Estes días seremos aínda máis sensibles as consecuencias que a irresponsabilidade, o abuso de sustancias tóxicas, o non uso das medidas de seguridade establecidas, a falta de proteccións axeitadas na conducción de vehículos, a ignorancia das normas de tráfico,... provocan nas nosas vidas, na sociedade e no mundo en xeral.

Que é ser embaixadora junior?

Este xoves 27 de outubro Ángela Alcántara Coto, Estela Veiga García e Sara Sixto Mon acudiron aos estudos de Cadena Cope en Ribadeo para contar algunhas das súas experiencias como embaixadoras junior do Parlamento Europeo. Proxectos, premios, concursos e traballos varios así como a visita á sede do Parlamento Europeo en Bruxelas foron algúns dos temas que trataron con Juana Carrera, locutora de cadena Cope en Ribadeo. 

  

Aquí tedes a entrevista: Cadena Cope xoves 27 outubro de 2022.

EUROHALLOWEEN

Compartimos aquí unha proposta do IES Francisco García Pavón... se queredes saber algo máis e non vos asusta o reto... contactade a través deses medios a partires das 19 horas.....

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE ENTREGA O 4º PREMIO TAEUS

Este venres 14 de outubro a Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel Toimil, e o Xefe Territorial de Política Social e Xuventude Javier Vázquez Nodal, entregaron o 4º Premio do concurso TAEUS “Take a walk on the EU side” ao alumnado de 2º BAC do IES Ribadeo Dionisio Gamallo. 

Nun acto celebrado ante un numeroso alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BAC, Cristina Pichel fixo entrega dos certificados ao alumnado logo de dirixir unhas palabras e de escoitar a presentación que Paula López Yáñez, en nome dos seus compañeiros e compañeiras fixo do video “Recuperación de nuestra memoria histórica a través de Fondos Europeos" sobre o arquivo histórico do noso concello, levado a cabo baixo a supervisión do profesor de Filosofía Manel Yáñez Dablanca o curso pasado. 

Neste acto estivemos acompañados por Sara e Nino, integrantes do equipo INGALICIA, coordinadores do Proxecto TAEUS (e outros) que desenvolveron a actividade TIME TO MOVE para rematar unha xornada de formación e difusión de alternativas para a xuventude, en definitiva para todo o alumnado. Gracias!!!

  

 

La Voz de Galicia 15 out 22:

 

La Comarca del Eo 22 out 2022:

Distribuir contido


by Dr. Radut