Skip to Content

DE CRUCEIRO!

Desde o sábado, día 15, o alumnado de 4º de ESO está realizando a súa viaxe cultural de fin de etapa consistente nun cruceiro polo Mediterráneo. En canto regresen daremos máis información das visitas que realizaron e poñeremos fotos.

Acompáñanos as profesoras Ángeles Ríos, do departamento de música e Dores Fernández Abel, do departamento de lingua galega e literatura.

MÁIS FOTOS


ROTEIROS: COIDANDO A SAÚDE E GOZANDO COA PAISAXE

O venres, día 21 de xuño, terán lugar dous roteiros pola zona nos que pode participar calquera membro da comunidade escolar que o desexe:

ROTEIRO EN BICICLETA

Inclúe visitas ó forte de San Damián e unha visita guiada á illa Pancha para continuar despois pola costa ata Rinlo.

Organiza: Carlos Cid, profesor de xeografía e historia.

MÁIS FOTOS

SENDEIRISMO

Ás 10:45 saímos do centro para coller o tren e ir ata Rinlo. O regreso realizouse andando pola costa.

Organiza: Teresa Díaz, profesora de Física. 

 

CONCURSO DE ADIVIÑAS

O xoves, 20 de xuño, a partir das 12:45 h. tivo lugar un concurso de adiviñas a través de skype entre alumnado de 1º de ESO do noso instituto e alumnado de 6º de primaria do CEIP Gregorio Sanz, que foi o equipo vencedor. Algunhas das adiviñas creáronas os propios alumnos, mentres que outras son clásicas.  FOTOS

Organiza: Departamento de dinamización lingüística e Departamento de lingua galega e literatura.

 


XUBILACIÓNS!!

XUBILACIÓNS DE CHUS MASEDA E JUANA GUZMÁN

O día 13 de xuño celebramos unha xuntanza na nosa cafetería para celebrar a xubilación das compañeiras Chus Maseda, do departamento de Francés, e Juana Guzmán, do departamento de Lingua española. Desexámoslles que sexan moi felices nesta nova etapa da súa vida e esperamos que nos visiten de vez en cando. FOTOS.




PREMIOS!!!

FASE PROVINCIAL DO CERTAME DE REDACCIÓN "LETRAS GALEGAS 2013"

Miguel Casariego Cao (1º ESO ) e Sara Canto González (3º ESO), alumnos do noso instituto que resultaran premiados na fase local do certame de redacción Letras Galegas 2013 organizado polas bibliotecas públicas de Lugo, acadaron tamén éxito na fase provincial. Miguel Casariego recibiu o 1º premio da categoría C e Sara Canto un accésit.

PARABÉNS!!! 

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

Xuño de 2013: Coincidindo coa data de nacemento de Luís Seoane, os centros de ensino da Mariña decidiron celebrar o Día da Arte Galega na Escola. No noso instituto, o alumnado de 3º de ESO elaborou un mural, baixo a coordinación do departamento de debuxo, formado por Jose Díaz e Chus Colmenero. Podedes ver fotos aquí.



Viaxe a Lugo

O día 27 de maio, o alumnado de Relixión realizou unha viaxe a Lugo para visitar a catedral -con paseo polos tellados incluído-, o "Lugo romano" e o Museo Provincial. 

A actividade organizouna o departamento de Relixión e, como acompañantes, foron Sofia Acevedo, profesora de Relixión, e Manel Yáñez, do departamento de Filosofía.  FOTOS

Cándido Pazó.

Luns, 27 de maio: dentro das actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, hoxe asistimos a unha actuación de Cándido Pazó, que deleitou coas súas historias o alumnado de 1º de BAC e 4º da ESO.

O acto organizouse en colaboración co CIFP Porta da Auga e co Concello de Ribadeo. Foi unha mañá MÁXICA, como se pode comprobar facilmente vendo as fotos do evento.

CÁNDIDO PAZÓ


PREMIOS!!!

CERTAME DE REDACCIÓN "LETRAS GALEGAS"

Sara Canto González (3º ESO), Eva López Suárez (3º ESO) e Miguel Casariego Cao (1º ESO) do noso instituto, obtiveron respectivamente o 1º, 2º e 3º premio da modalidade C (12 a 16 anos) do certame de redacción "Letras Galegas, 2013" convocado pola biblioteca municipal El Viejo Pacho, de Ribadeo.

PREMIO!!!

MELLOR XORNALISTA XUVENIL. MODALIDADE ENTREVISTA 

María Redondo Peña, alumna de 2 de ESO do noso instituto acadou o 1º premio na modalidade de "Entrevista" do certame Mellor xornalista xuvenil, convocado por La Voz de Galicia.

A alumna entrevistou a Carlos Peña Garay, investigador do Instituto de Física Corpuscular do CSIC e da Universidade de Valencia.

A actividade coordinouna o profesor Manel Yáñez Dablanca.

Aquí podedes ver o traballo vencedor.

E aquí o resto dos traballos presentados polo noso alumnado:

David Méndez, de 2º de ESO, entrevista a Alfonso Fuente Parga.

Distribuir contido


by Dr. Radut