Skip to Content

Cambio de nome do centro

O DOG do día 7 de febreiro de 2014 publica a Orde do 27 de xaneiro, segundo a cal se autoriza o cambio de denominación do instituto, que pasa a chamarse Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Así mesmo, recentemente recibimos cartas da familia de Dionisio Gamallo e tamén do Excmo. Concello de Ribadeo, agradecendo a nosa decisión de facer constar o seu nome na denominación do centro.

Preme nas imaxes para ver os documentos en PDF

DOGFAMILIACARTA CONCELLO



Xubilación Lola e Emilio (30-01-14)

O día 30 de xaneiro xuntámonos para celebrar a xubilación de Lola e Emilio, compañeiros nosos durante anos, e que agora gozan dun descanso ben merecido. FOTOS

A industria do libro a partir de "A miña planta de laranxa lima".

FOTOS

O día 15 de xaneiro tivo lugar un acto, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística, co que pretendemos achegar o alumnado á industria do libro a partir do caso concreto de "A miña planta de laranxa lima", de José Mauro de Vasconcelos.

Solidariedade internacional

 

MÁIS IMAXES DA ACTIVIDADE NA NOSA GALERÍA

O día 19 de decembro, o alumnado de 2º de ESO participou nuns obradoiros impartidos por Solidariedade Internacional que teñen por lema VAIA TEA!, cos que se trata de sensibilizar sobre o consumo responsable.

Baixo o metafórico título de VAIA TEA! preténdese promover a reflexión e crítica entre a comunidade escolar galega do modelo de consumo actual, dar a coñecer as súas consecuencias inmediatas e as máis distantes, así como informar, formar e ofrecer recursos para exercer un consumo máis responsable e ético.

Onde e como se produce a roupa e o calzado que vestimos, que empresas idean e fabrican estes complementos, que consecuencias teñen estas producións masivas para os países onde se sitúan e para os seres humanos que se utilizan para elaboralos forn aspectos que o alumnado descubriu nestes obradoiros.

BO NADAL

Presentación do libro "Do estigma á estima", de Valentina Formoso.

Presentación de "Do estigma á estima"Do estigma á estima

O martes, día 17 de decembro, tivo lugar a charla-presentación do libro "Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico", de Valentina Formoso Gosende.


A actividade, destinada ó alumnado de 1º de bacharelato, organizouna o Equipo de Dinamización Lingüística do instituto e a Concellería de Mocidade e Sociedade da Información, do Concello de Ribadeo.

 

IES DE RIBADEO DIONISIO GAMALLO

O Consello Escolar do centro, na reunión celebrada o día 11 de decembro, acordou propoñerlle á Consellería a denominación de "IES DE RIBADEO DIONISIO GAMALLO" para este instituto. Previamente houbo un período no cal todos os membros da comunidade escolar puideron facer propostas. Agora terá que ser a Consellería quen decida e publique no DOG a nova denominación, que pode ser a proposta polo centro ou non.

Contra a LOMCE

28/11/13

Coincidindo coa data de aprobación da LOMCE no Congreso, un grupo de profesores e alumnos fixeron visible o seu desacordo coa Lei. 

Non á LOMCE 

25 de novembro: contra a violencia de xénero

O 25 de novembro é o Día internacional contra a violencia de xénero. No noso centro non quixemos estar alleos a esta data a convidamos a comunidade escolar a que viñese con algunha prenda visible de cor lila, para que unha gran mancha lila puxese de manifesto o noso compromiso.

Proximamente poderedes ver varias fotos na nosa galería.

25 novembro: día contra a violencia de xénero

Galiciencia 2013

Elizabeth García Fong, Marcos Raúl García Fong e Pablo Ramos Muras viaxaron a Ourense para participar en Galicienciaonde se dan cita 50 institutos de toda a Comunidade para expoñer os seus inventos ou experimentos científicos. Acompañounos o profesor Antonio Gregorio Montes, do departamento de Física e Química.

Podes ver imaxes da actividade na nosa galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut