Skip to Content

Marzo en lila

O alumnado de Educación Plástica e Visual de 1º de ESO colaborou no proxecto Marzo en lila, do concello de Ribadeo. Coordinaron a actividade as profesoras Paula Alvite e Chus Colmenero.

O seu traballo, que forma parte do Proxecto Terra do departamento de debuxo, expúxose no auditorio municipal Hernán Naval o domingo, 17 de maio, coincidindo coa representación teatral "As do peixe".

"Empregando a xeometría, o alumnado crea un xeito de arquitectura móbil co superpposición ou aliñación do hexaedro, consolidado o sólido platónico que representa a terra coa súa inevitable vinvulación co feminino, seis caras cadradas con seis cores cada unha: as tres primarias e tres secundarias, cores ás que nos vinulamos emocionalmente. Mulleres galegas, loitadoras e libres transitan cada cara do hexaedro, cada cadrado que simboliza o humano e, polo tanto, os límites do mesmo. Dualidade coa que non nos queda outra que convivir, pero tamén superar.

O observador pode manipular a obra de xeito que modifique a súa forma, estrutura, máis ou menos estable, que predominen unhas cores sobre outras facéndose máis ausente ou presente, dalgún xeito, esa muller que avanza inevitablemente..."

MÁIS IMAXES

Visita ó Museo de Lugo (14-3-14)

O alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade proposta polo Museo Provincial de Lugo que tivo dúas fases: a primeira tivo lugar previamente e consistiu na lectura dos catro relatos de "Contos de medo no museo"; a segunda tivo lugar hoxe no propio museo e consistiu na resposta dun cuestionario sobre os relatos. Para iso, organizáronse catro equipos que tiveron que desprazarse polas distintas salas do edificio, seguindo pistas, para dar coas respostas. O equipo gañador recibiu un bolígrafo do museo como agasallo.

Como eramos un grupo numeroso, organizamos dúas quendas. Mentres uns estaban no museo, os outros demos un paseo pola muralla.

Despois desprazámonos ata As Termas, onde houbo tempo libre para xantar e ir de tendas. Foi, en resume, unha xornada na que aprendemos e desfrutamos. 

A actividade organizárona o departamento de galego e o Equipo de dinamización lingüísticaMª José, Teresa, Maricarmen, Manoli e Suso, que foron os acompañantes, quedaron moi contentos co bo comportamento do alumnado.    MÁIS FOTOS


Probas de acceso a ciclos (grao medio e superior) 2015

                               

Acaba de facerse pública a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Podes acceder á información premendo neste enlace.

Unha historia rosaliana

Febreiro, 14

O 24 de febreiro cumpríronse 177 anos do nacemento de Rosalía de Castro, motivo polo cal se realizaron diversos actos tanto en Galicia coma no estranxeiro. Nós tampouco quixemos quedar alleos á celebración: na biblioteca tivo lugar unha exposición dos libros que temos relacionados con Rosalía e, co alumnado de agrupamento específico de 2º de ESO, elaboramos este vídeo.


 

Entroido 2014

Chegou o entroido e non pasou desapercibido. Nos corredores e nas aulas vimos disfraces moi variados, que demostran unha vez máis a creatividade da comunidade escolar.

Pero o departamento de debuxo quixo levar tamén a celebración fóra do centro e implicou o alumnado da ESO para facer unha intervención no parque, colocando máscaras no palco a música, que non pasan desapercibidas para os transeúntes. Noraboa ás profesoras Paula Alvite e Chus Colmenero e ó seu alumnado por esta iniciativa.

Podedes ver moitas máis fotos premendo AQUÍ.

INTERVENCIÓN NO PALCO DA MÚSICA

Presentación de "As pegadas da prehistoria en Ribadeo"

O venres, día 21 de febreiro, tivo lugar no salón de actos a presentación de As pegadas da prehistoria en Ribadeo, un caderno-guía sobre este tema elaborado por Emilio Piñeiroa, exprofesor deste instituto recentemente xubilado. Asistiu o alumnado de 2º de ESO, a quen lles impartía clase aínda o curso pasado. O traballo editouse grazas á colaboración do Excmo. Concello de Ribadeo. MÁIS FOTOS

Emilio Piñeiroa

20 de febreiro: folga contra a LOMCE

Parte do alumnado do noso centro secundou a folga convocada para o 20 de febreiro en contra da LOMCE. Algúns deles concentráronse no recreo á entrada do recinto, con pancartas alusivas ó motivo. Tamén se sumou ó acto parte do profesorado.

folga 20 f

Día dos namorados

Como cada ano, o Equipo de Dinamización Lingüística organizou unha actividade para celebrar o 14 de febreiro, día dos namorados. Trátase de que o alumnado recupere, aínda que só sexa por un día, o vello hábito de escribir cartas en papel, de que manifeste os seus sentimentos de amor, amizade ou afecto, e de que o faga en galego.

A iniciativa, que se vén propoñendo desde hai varios cursos, ten sempre moi boa acollida entre o alumnado. Como hai moitas cartas que clasificar e repartir, o propio alumnado colabora nesta tarefa, como se pode ver nas seguintes imaxes:

MÁIS IMAXES NA NOSA GALERÍA

clasificando cartas

Día dos humidais

MÁIS FOTOS

Despois de 20 anos celebrando o Día dos Humidais, non podiamos deixar pasar o 2 de febreiro sen máis. Unha sucesión de borrascas con cicloxéneses fixo que tiveramos que aprazar a celbración ata o luns, día 10.

O alumnado de bioloxía de 4º de ESO, acompañado polas profesoras Beatriz e Susi aproveitaron parte da mañá para facer unha visita á ría, acompañados por Óscar Chao, antigo alumno que está realizandos as prácticas do CAP e que se converteu nun amante da ornitoloxía da natureza. O seu blog O pailebote branco é de obrigada visita para quen teña interese nestes temas.

Éxito do noso alumnado no Festival Audiovisual da Mariña

O alumno David Darriba Lindín (2ºde BAC) obtivo un dos premios do Festival Audiovisual da Mariña na modalidade de fotografía. Andrés Álvarez Rodríguez (1º BAC) foi finalista na mesma categoría de fotografía.

O certame, que organiza a Fundación Indecum, fallouse o sábado, 12 de febreiro e a entrega de premios tivo lugar no IES Monte Castelo de Burela. 

Noraboa ós dous!

FOTO: Crónica 3, A Mariña


Distribuir contido


by Dr. Radut