Skip to Content

O libro máis antigo que temos no instituto - II

Ata hai pouco, o libro máis antigo que tiñamos no instituto era un de 1930 pero, grazas á doazón dun exalumno, agora xa temos un de 1929.

Trátase de El cielo. Nociones de astronomía popular dispuests para lectura en las escuelas, de D. Victoriano F. Asanza.

Como curiosidade, apuntamos que o libro publiocuse só uns meses antes do descubrimento de Plutón.

Xubilación de Margarita

 

3 de outubro de 2014

Hoxe xubílase unha das nosas administrativas, Margarita López, que leva desempeñando o seu labor no noso centro desde o 4 de outubro de 1976.

Todos os que, durante máis ou menos tempo, fomos compañeiros seus, desexámoslle toda a felicidade neste novo período da súa vida.

 

Visita do Profesor Francisco Díaz-Fierros Viqueira

18 de setembro de 2014

Hoxe visitounos o profesor D. Fransico Díaz-Fierros Viqueira, que nos agasallou con exemplares das súas obras, cariñosamente dedicadas, e asinou no libro de honra do centro.

Fransico Díaz-Fierros é Doutor en Farmacia pola USC, onde exerceu a docencia ata a súa xubilación.

É membro do Consello da Cultura Galega, da Real Academia da Lingua Galega e doutras institucións relacionadas co seu ámbito.

Agradecemos enormemente a súa doazón, que pasará a formar parte da nosa biblioteca, para que estea dispoñible para toda a comunidade escolar.

Entrega de libros

 

 Asinando no libro de honra

Conferencia inaugural do curso 2014-15

TEXTO DA CONFERENCIA (en pdf.) 

En agosto deste ano cúmpriuse o centenario do nacemento de Dionisio Gamallo Fierros. Con ese motivo, organizáronse varios actos, promovidos por unha comisión da que forman parte diversas institucións e algunhas persoas amigas de Dionisio a título individual.

Co comezo do curso, nós tamén consideramos conveniente difundir entre a comunidade escolar a figura do erudito que dá nome ó noso centtro, por iso organizamos unha conferencia inaugural que correu a cargo de Toni Deaño, exprofesor do instituto, sobriño de Dionisio Gamallo e investigador do seu arquivo.

 

Conferencia de Toni Deaño sobre Dionisio Gamallo

Conferencia inaugural do curso 2014-15

Calendario do comezo de curso 14-15

Preme no enlace para ver o CALENDARIO.

 

CURSO 2014-15

 

  CURSO 2014-15  

Patio vivo

Tiñamos o patio cuberto algo aburrido e un grupo de alumnas, coordenadas polas profesoras Paula Alvite e Chus Colmenero, do departamento de Debuxo, decidiron darlle un pouco de vida, de xeito que vaia sendo, paseniñamente, un patio máis agradable para todos.

Graciñas polo labor!

MÁIS IMAXES

 

 

"Cando o plano se torna volume"

O alumnado de Debuxo técnico de 1º de bacharelato realizaron unha serie de maquetas empregando o técnica dos planos seriados (repetición de formas planas), representando detalles de dous edificios emblemáticos da vila: a torre dos Moreno e a praza de abastos. Ambos os dous son símbolos que enmarcan lugares de encontro e de relación entre as persoas. Ademais, amosan gran beleza plástica e contribúen á forxa da identidade do lugar.

Un mesmo edificio revela diferentes aspectos de si mesmo cando se ve desde distintos ángulos e distancias, e o alumnado tivo a oportunidade de camiñar ó seu carón centrándose só no seu volume, nos ocos, etc. A continuación, escolleron elementos arquitectónicos, cimplificándoos e transformándoos en novas estruturas rítmicas visualmente que manteñen a "verdade" da arquitectura (un edificio é honesto na súa expresión de funcións e materiais) e a súa "narrativa" (un edificio é o vehículo para contar historias, o escenario do teatro da vila.

Os elementos xeométricos trazados que conforman esa estrutura enfatizan a percepción da forma: desde a estatizidade do cadrado á direccionalidade do rectángulo; da seriación que suxire solidez ó oco que marca o tránsito.

En definitiva, con estas pequenas obras quérese manifestar a inspiración constante que emana dunha arquitectura, espectadora pero tamén condicionante do ir e vir das nosas almas.

Promoveu e coordinou a actividade a profesora Paula Alvite.

Camiñata fin de curso

O pasado día 20 de xuño, co gallo do remate do curso, un grupo de alumnado e profesorado do centro realizou unha camiñata pola costa.

Pola mañá, o bus levounos ata Rinlo, onde aproveitaron para visitar boa parte do rueiro rinlego. Despois, aproveitando os tramos recén construídos da nova rota costeira, pasaron por sitios como o castro do Foxo e o das Grovas, observaron formacións xeolóxicas de diversos tipos... e cansaron e divertíronse. O tramo final foi o paseo marítimo da ría, dende o cruce do faro ata a vila.

Unha boa camiñata en amizade para dar remate ó curso.

 

Visita ó río Pequeno (2014)

O día 3 de xuño, o alumnado de 4º de ESO, acompañado polas profesoras Beatriz González e Mª Jesús Besteiro, participantes no "Proxecto ríos", fixeron unha saída ó río Pequeno para facer a inspección de primavera.

Máis información

MÁIS FOTOS DA ACTIVIDADE

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut