Información actividades extraescolares
No documento adxunto tedes información sobre as actividades extraescolares ofertadas pola ANPA do noso centro para este curso 23/24.
Modificación horario bus Benito García
É preciso establecer novos horarios (as paradas non se modifican) da liña que realiza Autocares Benito García. Nos arquivos adxuntos tedes estes novos horarios.
O cambio comezará mañá venres día 15 e manterase durante todo o curso.
Información interese E-Dixgal
O proxecto E-Dixgal conta cun equipo de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias relativas a centros, familias e profesorado.
As canles de contacto que dispoñen os usuarios son as seguintes:
- Correo: soporte.premium@edu.xunta.es
- Teléfono: 881 86 90 00
- WhatsApp: 604 06 78 56
- Telegram: @Serviciopremiumedixgal
As familias que o desexen poden contratar de xeito voluntario un seguro anual (válido desde setembro de 2023 ata agosto de 2024), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía. O custo anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e as familias poden realizar a contratación a través do número de teléfono 881 505 136.
Clases natación
No arquivo adxunto tedes máis información sobre a actividade de clases de natación para este curso 23/24.
Na imaxe tedes o novo horario, que modifica o indicado anteriormente.
Transporte escolar curso 23/24
Nos arquivos adxuntos tedes as paradas de bus e a hora de paso na ida ao instituto. É aconsellable estar na parada 10 minutos antes da hora de paso establecida xa que o horario anterior é aproximado.
Comezo curso 23/24
Como sabemos que tedes moita ilusión porque rematen as vacacións e poder comezar o novo curso, aquí tedes o horario do primeiro día, que será o luns día 11 no salón de actos sen servizo de autobuses:
- 1º e 2º ESO: comezo ás 10:00 e saída a partir das 11:30.
- 3º e 4º ESO: comezo ás 11:00 e saída a partir das 12:00.
- 1º e 2º bacharelato: comezo ás 12:00 e saída a partir das 13:00.
Este luns día 11 non haberá clase pola tarde.
A partir do martes día 12, horario normal con servizo de autobuses.
Premios ESO ao esforzo e á superación persoal
O pasado 3 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 16 de agosto de 2023 e rematará o día 15 de setembro de 2023.
Podedes acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.
Se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante e, no caso dos centros que non empregan a aplicación XADE, acreditar dita representación por calquera medio válido en dereito.
No arquivo adxunto tedes unha ficha informativa sobre os premios.
Os últimos directores
Co gallo da xubilación de varios profesores do instituto, xuntáronse os directores que tivo o noso centro os últimos 25 anos. Aquí tedes unha foto feita para inmortalizar o momento. De esquerda a dereita: Pablo, Cándido, Olga, Eliseo e Portas.
Entre os mellores das ABAU
Tal e como publica hoxe o xornal Faro de Vigo o noso instituto, o República Oriental do Uruguai (ROU), está entre os centros con maior porcentaxe de sobresaíntes nas ABAU deste ano.
Os nosos parabéns a ese excelente alumnado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »