Iniciar sesión

Secretaría virtual

Viaxe fin de curso Andalucía

Adxuntamos a información relevante da viaxe de fin de curso proposta  para 4º de ESO.

As familias que xa fixesen o 1º pago de París e continúan na viaxe a Andalucía non teñen que facer novamente o 1 pago.

As familias que se incorporan á nova proposta, teñen que realizar o 1º pago a través da plataforma pinchando no seguinte enlace:  https://viajesdegrupos.bthetravelbrand.com/pontevedra.

1º pago: 125 euros

Prazo: 21 de novembro

Clave de acceso; IESROUANDALUCIA2025

 
Un saúdo

 

2ª ENTREGA RIFAS PARA EXCURSIÓNS

Dende a Anpa Rou, e coa intención de facilitar a recadación para sufragar a excursión da Semana Branca proposta para 2º e 3º da ESO e a excursión de fin de curso de 4º da ESO poranse a disposición das familias rifas para o sorteo dunha cesta de produtos de Nadal no que o número premiado terá que coincidir cos catro últimos números do primeiro premio da lotería nacional do 6 de xaneiro de 2025.

 

Despois do primeiro reparto da semana pasada, o vindeiro luns 18 de novembro no primeiro recreo (10.10 h.) no hall na mesa onde está o buzón da ANPA voltaremos a repartir máis rifas (sempre previa inscrición no formulario: https://forms.gle/pwk56hqkZZ3PKbcXA  antes das 23:59 h. do mércores sábado 16/11/2024 ás 23.59 horas):

 

  • Para os que aínda non solicitáchedes ningunha

  • Para os que queredes solicitar máis

 

Cada alumno/a poderá solicitar, mediante o formulario de cada vez (cada reparto) 1 ou 2 tacos (50 ou 100 rifas), a vender a 1 € cada unha. 

 

 

A Anpa cederá unha cesta (doada polo Carrefour de Travesía de Vigo e dulces “El Patriarca”) a sortear e encargarase da xestión das participacións. Éstas entregaranse de maneira gratuíta para os asociados.

As familias non socias e que desexen vender rifas deberán aboar 8€ por cada taco de 50 rifas no momento de recollelas (gastos de xestión).

 

 

O máximo de rifas que cada alumno/a poderá solicitar en total é como máximo o curso da súa excursión (sempre que cheguen para todos/as).

REPARTO RIFAS DA ANPA PARA AS EXCURSIÓNS DE 2º E 3º DA ESO Á NEVE E A DE 4º DA ESO

Achégase a información sobre o reparto das rifas para as excursións de 2º, 3º e 4º da ESO por parte da ANPA.

 

Concurso Fotografía dixital

Bases do 1º Concurso de Fotografía Dixital do Club de Ciencia ROU

"Patróns Matemáticos na Vida e na Terra"

 

1.Organización

O concurso está organizado polo Club de Ciencia do IES ROU, co obxectivo de estimular a creatividade e promover o interese do alumnado pola ciencia, a natureza, a xeoloxía e as matemáticas.

2.Temática

O tema do concurso é “Patróns Matemáticos na Vida e na Terra”. As fotografías deben amosar a relación entre os seres vivos, a natureza ou a xeoloxía, e os conceptos ou patróns matemáticos. As imaxes poden destacar simetrías, fractais, proporcións, xeometría ou calquera outro aspecto matemático observado na vida e no mundo natural.

3.Participantes

O concurso está aberto a todo o alumnado do instituto, desde 1º de ESO ata 2º de Bacharelato. Consideraranse todas as fotografías nunha única categoría.

4.Formato e requisitos das fotografías

  • Cada participante pode enviar ata 2 fotografías.
  • As imaxes deben ser orixinais, capturadas polo propio alumno/a e non serpublicadas nin premiadas noutros concursos.
  • As fotografías poden ser tomadas con calquera dispositivo dixital (cámaras,móbiles, tablets).
  • Formato de arquivo: JPEG ou PNG.
  • As fotos deben ter unha resolución mínima de 1080x720 píxeles.
  • Non se permiten marcas de auga, sinaturas ou elementos que identifiquenao autor/a na imaxe.

5.Presentación

As fotografías deben SUBIRSE A AULA VIRTUAL DO CENTRO: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesrepublicaorientaldouruguai/aulavirtual/course/view.php?id=727:

6.Prazo de entrega

O prazo para a presentación das fotografías remata o 8 de decembro de 2024 ás 24h.

7.Criterios de avaliación

As fotografías serán avaliadas polo xurado do Club de Ciencia en función dos seguintes criterios:

  • Relación coa temática, destacando a conexión entre a natureza ou xeoloxíae os conceptos matemáticos.
  • Creatividade e orixinalidade.
  • Calidade técnica da imaxe (enfoque, luz, cor).

8.Xurado

O xurado estará composto por membros do Club de Ciencia.

9.Premios

Outorgaranse 3 premios e unha mención especial do Club de Ciencia.

Diploma e publicación destacada da fotografía na web do instituto e nas redes sociais do Club de Ciencia (Instagram)

10.Exposición e entrega de premios

As fotografías serán expostas no taboleiro do Club de Ciencia do instituto e publicaranse na páxina web e nas redes sociais do centro. A entrega de premios realizarase o 16 de decembro de 2024 na Aula de Ciencias, durante un evento especial do Club de Ciencia.

11.Propiedade e cesión de dereitos

  • As fotografías enviadas ao concurso seguirán sendo propiedade dos seusautores/as.
  • Coa súa participación, o alumnado cede ao IES ROU o dereito de uso nonexclusivo das imaxes para a súa reprodución, publicación e difusión enmateriais educativos, eventos e redes sociais do centro.

12.Aceptación das bases

A participación no concurso implica a aceptación de todas as bases. Calquera situación non contemplada será resolta polo xurado e a organización.

Calendario escolar 24-25

 

Segundo a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

 

  • Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.
  • Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.
  • Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

 

Os días non lectivos serán:

  • 1. As festas laborais de ámbito estatal, as festas laborais de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e as festas laborais de carácter local acordadas pola consellería con competencias en materia de emprego da Xunta de Galicia serán días non lectivos.
  • 2. O día 2 de maio por ser o día de libre disposición do centro.
  • 3. O Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 31 de outubro de 2024.

Aventura na biblio

O venres 18 o novo alumnado de 1º ESO poido disfrutar dun scaperoom na biblioteca como plan de alfabetización e formación de usuarios. A través da procura de pistas coñeceron as diferentes seccións  e subseccións da nosa biblioteca, aprenderon a forma axeitada de procurar os libros que queren, familiarizáronse cos espazos e recursos que neles se atopan, etc. Finalmente, acadaron con éxito a tarefa de descubrir a mensaxe escondida e poideron saír cunha rica galleta como recompensa polo seu esforzo.

Viaxe fin de curso París 2025

Tras o acordado na reunión do 15 de outubro, achegamos a información relativa á viaxe de fin de curso.

Lembramos que o primeiro pago ha de realizarse como moi tarde o venres 18 de outubro para que a viaxe poida seguir adiante.

Proxecto "Sen Vandalismo"

Xunto a outros 9 centros de Galicia, o IES ROU foi seleccionado para participar nun proxecto socio-educativo pioneiro a nivel autonómico, promovido pola Fundación Barrié e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), para a prevención do vandalismo entre os máis novos/as.

O obxectivo de Investigadores Sociais #SenVandalismo é sensibilizar e concienciar á xuventude das consecuencias sociais e económicas que xera o vandalismo na súa contorna. O proxecto desenvolverase entre os meses de outubro de 2024 e marzo de 2025. Durante este tempo, o alumnado participante formarase como “Investigadores/as Sociais”, adquirindo un rol de axentes activos na súa comunidade, tendo como axudantes no proceso ás súas familias, docentes e APES.

Este proxecto foi solicitado por Pablo Martínez, coordinador de Convivencia do noso centro.

 

Achégase máis información detallada do proxecto no seguinte arquivo.

 

Acto de inauguración de biblioteca

O venres celebramos a apertura da biblioteca, grazas a todos os que vos achegástes!

 

 

Presentación clubs de lectura

Un ano máis os Clubs de lectura do ROU póñense en marcha. Se queres saber que facemos neles e cal será a nosa próxima lectura non dubides en pasar pola biblio na súa presentación.

Distribuir contido