Iniciar sesión

Secretaría virtual

Club de lectura

Desde o club de lectura envíannos os carteis das próximas reunións.

Premio extraordinario

O alumno de primeiro de bacharelato do noso instituto, Antón Justo Vicente, ven de ser galardoado cun premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico ao que se presentaban casi 600 alumnos cos mellores expedientes dos centros galegos.

O alumnado tivo que afrontar unha proba na que se incluían varias das materias que forman parte do currículo de cuarto curso.

Os nosos parabéns para Antón.

Rifas ANPA viaxes alumnado

No arquivo adxunto tedes información enviada pola ANPA do noso centro sobre a solicitude de rifas para o sorteo dunha cesta de produtos navideños coincidente co número ganador do primeiro premio da lotería do Nadal do 22 de decembro de 2023.

Curso E-Dixgal ANPA

A ANPA do noso centro presenta unha actividade relacionada con E-Dixgal que entendemos pode ser do voso interese. Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a máis información.

Avisos ANPA

Achegamos algúns avisos da ANPA do noso centro que poden ser do vososo interese:

  • Asemblea da ANPA para o vindeiro mércores 15 de novembro ás 17 horas no salón de actos do ROU.
  • Nova actividade extraescolar: Taller de moda. Interesados poñédevos en contacto coa ANPA.

Contacto ANPA ROU
Rúa Coutadas, 54 

36207 Vigo    611241591

 

SAÍDA AO MUSEO MARCO DE VIGO

O pasado venres 27 de outubro, o noso alumnado de EXPRESIÓN ARTÍSTICA de 4º de ESO scudiu a unah expesición interactiva no MARCO ( Museo de Arte Contemporánea de Vigo ), sobre a figura de JOSÉ GIL, fotógrafo e pioneiro do cinema galego e que tiña o seu estudo fotográfica na mesma rúa do Príncipe hai máis dun século.

O noso alumnado, xunto con outro alumnado do IES Politécnico, IES da Guía e IES San Tomé, tiveron unha experiencia de cine de hai 100 anos, visionando pezas de cine mudo de Charles Chaplin, Harold LLoyd e do mesmo Jose Gil, onde puideron apreciar a antiga figura do "explicador" de películas e do Vigo de 1914.

 

 

ESTREAMOS MURAL DE CONVIVENCIA E GUALDADE

O IES ROU estrea Grafitti e da por concluido o mural da CONVIVENCIA e IGUALDADE, todo da man do alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO .

Debemos dar unha mención especial ao noso artista particular Lucas Ruzo, de 4º ESO A, que co seu bo facer na arte da caligrafía graffiteira foi quen de dinamizar a conclusión deste proxecto comezado o curso pasado.

Ao mesmo tempo, na Ágora do centro estreamos o punto de Convivencia e Benestar cun tótem identificativo,  onde todos os primeiros recreos, coa axuda mediadora do coordinador de convivencia, Pablo Martínez, poderemos resolver con diálogo e de xeito pacífico, todos aqueles conflitos e roces que poidan xurdir na convivencia entre iguais no día a día.

   
   
   

 

Viaxe didáctica neve 23/24

Como houbo varios de vos que non pudestes asistir á presentación da viaxe didáctica á neve para alumnado de segundo e terceiro de ESO, no arquivo adxunto tedes un pequeno resumo de dita presentación.

Axudas probas certificación nivel lingüístico

Informamos de que a Consellería oferta axudas para a realización de probas de certificación de nivel lingüístico (B1,B2 e C1) destinadas ao alumnado que estea a cursar na actualidade 4º da ESO, 1º ou 2º de BACH. Para que o centro xestione a solicitude de dita axuda, as familias interesadas terán que asinar a autorización que se lle remitirá aos seus fillos/as. O alumno/a fará entrega de dita folla asinada ao seu profesor/a de inglés ou francés con data límite: XOVES 26 DE OUTUBRO.

Actividades extraescolares curso 23/34

Se facedes clic nas distintas ligazóns teredes acceso aos carteis correspondentes ás actividades extraescolares ofertadas pola ANPA do noso centro para este curso 23/24:

Adxuntamos de novo a carta na que se explican aspectos de interese sobre estas actividades.

Distribuir contido