Iniciar sesión

Secretaría virtual

Reutiliza con ritmo

No seguinte vídeo tedes unha mostra de instrumentos musicais feitos con materiais reciclados. Debemos ser conscientes de que moitas veces o material de refugallo pode ter múltiples e interesantes aplicacións.

 

Instrumentos musicais reciclado from matesrou on Vimeo.

Reciclaxe

No seguinte vídeo tedes algún obxectos feitos con material reciclado.

 

Taller reciclado from matesrou on Vimeo.

Visita múltiple

No arquivo adxunto podedes ver unha presentación da visita a:

  • SOGAMA (Cerceda)
  • Museo de Historia Natural (Santiago)
  • Observatorio Astronómico Ramón María Aller (Santiago)

Visita ao porto de Vigo

Aquí tedes unha presentación sobre a visita que realizou o noso alumnado ao porto de Vigo.

 

Seleccionados para a mellora do éxito escolar

 

O noso centro foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver durante este curso varios programas orientados á mellora do éxito escolar do alumnado. Estes programas abranguen desde o reforzo, orientación e apoio ou a mellora das competencias clave ata a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

No seguinte enlace podedes ver a noticia publicada no Faro de Vigo

Mellora de resultados

Programa orienta

Ponse a vosa disposición o programa Orienta, que vos pode ser de utilidade á hora de planificar os vosos estudos. Podedes premer no seguinte enlace (orientación) que vos levará ao blog do Departamento de Orientación. Na parte dereita desta páxina tedes a ligazón que vos permitirá obter o programa.

 

XEOMETRÍA NA NATUREZA

Os alumnos de 1º Bac. A participan no concurso "Xeometría na Natureza" da Fundación Barrié, no que analizan unha foto dun fento para identificar patróns xeométricos e explicar por qué se conservan ao longo da evolución. Podedes ver máis información en: http://xeometriadanatureza.educabarrie.org

 

Distribuir contido