Iniciar sesión

Secretaría virtual

William Shakespeare no ROU

Aquí tedes un avance da que vai ser a mellor representación de todos os tempos do clásico de William Shakesperare Romeo y Julieta.

Debuxando mazás

No segunite vídeo tedes unha mostra dos traballo feitos (utilizando soamente bolígrafo) polo alumnado de primeiro da ESO, baixo a coordinación da profesora Carmen Yunta. 

Manzanas from matesrou on Vimeo.

Hora de partir

O alumnado francés do intercambio despediuse hoxe coa sensación, según nos contan, de ter vivido unha experiencia moi positiva. Queremos agradecer ás familias a súa colaboración, pois sen elas nada disto sería posibel.

Au revoir e... ata o ano que ven!

Premio á excelencia

O antigo alumno do noso centro, Daniel Fernández Vence, acadou un dos Premios á Excelencia Académica que concede a Universidade de Vigo aos mellores expedientes do Bacharelato. Tal e como indicou o reitor Salustiano Mato “con este acto queremos recoñecer a importancia que ten o mérito, a capacidade e o esforzo que se plasman nos resultados académicos que tivestes no ensino secundario”.

Parabéns Dani, que teñas un boa andaina nos teus estudos universitarios.

 

Programa Intercambio Vannes

No arquivo adxunto tedes o programa que seguiremos cos rapaces de Vannes. Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro.

Fernando Lalana no noso instituto

O escritor Fernando Lalana estivo no noso centro onde impartiu unha charla, organizada polo Departamento de Lingua Castelá, ao alumnado de segundo e terceiro de ESO. Como saberedes Fernando Lalana é un escritor de literatura xuvenil galardonado con multitude de premios, entre os que están o "Gran Angular", o "Barco de Vapor", o "Premio Nacional de literatura Infantil y Juvenil" o "Cervantes Chico", etc. Entre os seus libros atópanse algúns tan coñecidos como "Morirás en Chafarinas", "El último muerto", "La tuneladora"...

No seguinte vídeo tedes un resumo da súa visita. 

FERNANDO LALANA from matesrou on Vimeo.

As apariencias enganan

As veces as cousas non son o que parecen. Aquí tedes algunhas ilusións ópticas creadas polo alumnado de 4º ESO, coordinados pola profesora Carmen Yunta. 

Ilusións ópticas from matesrou on Vimeo.

Caligramas

Se queredes botarlle unha ollada aos caligramas feitos polo alumnado de 4º ESO, baixo a coordinación da profesora Carmen Ferreiro, podedes ver este pequeno vídeo. 

Caligramas from matesrou on Vimeo.

Poesía en movemento

Alumnado de 2º ESO, baixo a coordinación da profesora Carolina Durán, realizou unha serie de móbiles decorativos con poesías de autores do Renacemento español (Garcilaso de la Vega, Fray Luis de León, San Juan de la Cruz, Santa Teresa de Jesús...).

Botádelle unha ollada ao vídeo para ver o resultado.

Poesía en movimiento from matesrou on Vimeo.

O home de Vitruvio

Alumnado de 4º ESO, baixo a coordinación da profesora Carmen Yunta, realizou unha exposición do seu estudo sobre o Home de Vitruvio, de Leonardo da Vinci. Nesta obra o artista florentino presenta ao home como centro do Universo, perspectiva clásicamente renacentista. Baséase nos estudos do arquitecto romano do século I a.c. Marcus Vitruvius Pollio, buscando a proporcionalidade do corpo humano.

Aquí tedes algunhas fotos que mostran os resultados:

Distribuir contido