Visita á Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía
Alumnado de bacharelato e de 4º ESO realizou unha visita á Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A actividade consisitu nun obradoiro de recoñecemento de minerais de visu e a visita a dous laboratorios, un de termografía e outro de explosivos.
No seguinte vídeo tedes un resumo do moito que traballaron os rapaces.
Visita á Escola de Minas from matesrou on Vimeo.
English Week
Nos arquivos adxuntos tedes documentación relativa á participación no programa English Week 2017. Por favor, lédea con atención; se tedes calquera dúbida podedes porvos en contacto co centro.
A Ruta do ROU
Alumnado de 2º ESO do noso centro está a participar nunha "Ruta Científica, Artística e Literaria", un programa organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, cuxa finalidade é mellorar a formación recibida no centro a través de entornos máis experimentais e visuais. Pasarán unha semana recorrendo Andalucía Oriental e Murcia, compartindo momentos e actividades co alumnado do IES Mar de Aragón (Caspe, Zaragoza).
Co seguinte vídeo teredes unha idea desta experiencia:
Ruta do ROU from matesrou on Vimeo.
Kerouac no noso centro
Hoxe tivemos a oportunidade de ver diferentes caras da poesía no noso centro. O alumnado disfrutou dunha escolma de creacións de poetas que participarán no vindeiro Festival Internacional KEROUAC.
No seguinte vídeo tedes unha escolma do que foi este Kerouac no noso instituto:
Kerouac no ROU from matesrou on Vimeo.
Hi Vigo
Aquí tedes algunhas fotos que nos mandaron os nosos rapaces desde Saffron Walden (preciosa cidade do Condado de Essex) dentro do programa Vigo en Inglés, organizado polo Concello de Vigo.
Alumno do noso centro admitido nun campus científico
Noel Suárez Barros, alumno de 1º Bacharelato de ciencias, foi admitido no Campus Científico Ad Futurum, no proxecto Trending Topic #La Tierra, iniciativa da Fundación para la Ciencia y la Tecnología e o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. A esta convocatoria dos Campus Científicos presentáronse un total de 3296 alumnos de 1º de BAC.
Prohibidas as palabras
No seguinte vídeo tedes unha montaxe con diferentes traballos feitos polo alumnado de segundo da ESO na materia de música, onde so podían utilizar onomatopeas. Realmente orixinais.
Prohibidas as palabras from matesrou on Vimeo.
Estes somos nós
Queredes ver o ben que saímos nas fotos? Botádelle unha ollada ao seguinte vídeo:
Promoción 16-17 18 junio from matesrou on Vimeo.
Os nosos músicos
Nos arquivos adxuntos tedes varias pezas musicais feitas polo alumnado de 2º ESO utilizando o programa Drumpad. Que as disfrutedes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »