Fondo solidario libro de texto 18/19
Nos arquivos adxuntos tedes as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2018/19
- O prazo para reclamar as listaxes provisionais remata o 16 de xullo.
- As listaxes definitivas publicaranse o 14 de setembro.
Calendario exames setembro
No arquivo adxunto tedes o calendario de exames de setembro. Darlle duro este verán e xa veredes como aprobades.
Premios extraordinarios de bacharelato
Na seguinte foto tedes a Belén Montenegro Viñas, , Noel Suárez Barros e Marta Fernández Miller, alumnado do centro que se presentou aos Premios Extraordinarios de Bacharelato. Moita sorte aos tres.
Obradorio "Historia das telecomunicacións"
O alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e o de Ciencias de 1º de Bacharelato asistiu a un obradoiro sobre a "Historia das telecomunicacións". Enviaron mensaxes utilizando o Código Morse, viron como eran os teléfonos que usaban durante a Primeira Guerra Mundial e que tecnoloxía utilizaban, analizaron os terminaís dos telefonos móbiles desde a xeración 1G ata a 5G... Tamén fixeron unha práctica con fibra óptica, comprobando como se transmite o sinal e como vai o cableado. Por certo, sabedes cal é a avaría máis frecuente nos cables submarinos de fibra óptica?
As mellores fotos
Como recordades, alumnado de terceiro de ESO e de 2º de bacharelato que cursa a materia de xeoloxía fixo unha excursión á Serra do Courel. Na anterior reportaxe pudestes ver as fotos que sacaron os profes. Pero o alumnado tamén ten o seu dereito e organizouse un concurso para seleccionar as mellores. Resultaron premiadas: Celia Alonso, Paula Fernándes, Sara Ferrín e Sabela González. Aquí tedes unha foto do acto de entrega de premios.
Nota: coméntase que as fotos dos alumnos foron mellores cas dos profes :))
Premios Sofía Novoa Ortiz
Como moitos de vos sabedes, os traballos da profesora de música do noso centro, Carmen Losada, conseguiron sacar do esquecemento á docente e pianista Sofía Novoa. Desde fai dous anos a Deputación de Pontevedra convoca os premios Sofía Novoa Ortiz, que tratan de potenciar a realización de traballos de fin de grao ou fin de máster nos que se integre a perspectiva de xénero. Na seguinte foto podedes ver á profesora Carmen Losada coas galardoadas deste ano.
O ROU E O COUREL
Alumnado de terceiro de ESO e 2º bacharelato que cursa a materia de xeoloxía realizou unha saída de dous días á Serra do Courel, onde puideron apreciar de primeira man os importantes aspectos biolóxicos, xeolóxicos e etnográficos desta singular paraxe. No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra do que viviron os nosos rapaces.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »