Retratando as matemáticas sostibles
Este mes comezamos coa primeira actividade deste proxecto anual e será o alumnado de 1º ESO quen tomará fotografías do Vigo sostible acompañadas de títulos matemáticos con motivo do Día mundial das cidades o 31 de outubro. Cal é a vosa imaxe favorita? Esperamos que sigades a nosa conta e seleccionedes “Gústame” ás mellores fotografías.
Facede clic na imaxe e accederedes.
Papaventos pola saúde mental
O vindeiro venres 7 de outubro, ás 16 h, terá lugar no noso centro un obradoiro de decoración de papaventos cuxo obxectivo é concienciar sobre o coidado da saúde mental.
Esperamos a vosa participación!
Calendario escolar 22-23
CALENDARIO ESCOLAR 22-23 ROU
CURSO ACADÉMICO = 1 setembro 2022 ata 31 agosto 2023
CURSO ESCOLAR = 8 setembro 2022 ata 21 xuño 2023 = 178 días lectivos ( a descontar 1 non lectivo )
DÍA NON LECTIVO : 12/10/22, 31/10/22 ( día do ensino ), 1/11/22, 6 e 8/12/22, 28/3/23 ( festivo local), 1 e 17/5/23
DÍA NON LECTIVO ELEXIDO POLO CENTRO : 27/03/23
PERÍODOS VACACIONAIS :
- NADAL : 23/12/22 ata o 6/01/23 , ambos inclusive ( venres e venres)
- ENTROIDO : os días 20-21-22 / 02/2023 (luns, martes e mércores)
- SEMANA SANTA : 03/04/23 ata o 10/04/23 , ambos inclusive ( luns e luns)
As datas de avaliación quedan fixadas segundo a seguinte distribución, atendendo aos períodos vacacionais como datas límite (para ESO e BACH):
1ª Avaliación:
- ESO e 1º de Bacharelato; 15, 20, e 21 de decembro de 2022.
- 2º de Bacharelato, 17 de novembro de 2021.
2ª Avaliación:
- ESO e 1º de Bacharelato; 23, 29 e 30 de marzo de 2022.
- 2º de Bacharelato, 16 de febreiro de 2022.
3ª Avaliación (ordinaria):
- ESO e 1º de Bacharelato; 6, 7 , 8 de xuño de 2022 ( segundo instrucións da Consellería)
- 2º de Bacharelato, 18 de maio de 2022 (a determinar pola CIUGA)
Avaliación extraordinaria
- Todos os niveis coincidirán nas datas segundo instrucións da Consellería, eliminándose este curso a convocatoria de setembro. As datas das probas finais serán o 19, 20 , 21 de xuño e as avaliacións o 22 e 23de xuño.
Convocatoria asemblea ANPA
No arquivo adxunto tedes a convocatoria da asemblea da ANPA do noso centro que se celebrará o vindeiro xoves 6 de outubro.
Instruccións COVID-19
No arquivo adxunto tedes as instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.
Información Pass Vigo Estudante
Aquí tedes un resumo da información que nos remitiu Vitrasa respecto á Pass Vigo Estudante.
Dende Vitrasa gustaríanos compartir información de interese para o alumnado do voso centro, relativa ó acceso ó transporte urbano de Vigo.
Neste periodo de volta ó cole, recordamos que a forma máis segura e cómoda de viaxar en autobús é empregando a tarxeta PassVigo, evitando na medida do posible o pago en efectivo.
Como solicitar ou renovar a tarxeta PassVigo?
- A tarxeta pódese solicitar ou renovar online en calquera momento en passvigo.vigo.org, sen necesidade de acudir presencialmente a unha oficina. Aconsellamos encarecidamente esta modalidade de solicitude xa que é a máis rápida, sinxela e segura.
- A tarxeta PassVigo Estudante a poden solicitar todos os estudantes de calquera centro de ensinanza de Infantil, Secundaria, F.P. ou Bacharelato de Vigo, tendo una tarifa bonificada polo Concello de Vigo e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana de 0,60 €/viaxe.
Neste vídeo tutorial podedes ver paso a paso cómo solicitar a tarxeta PassVigo desde casa. Se o usuario da tarxeta é menor de idade, tamén serán precisos os datos do pai, nai ou representante legal do menor: http://www.vitrasa.es/FotosFichas/grandes/Tutorial-PassVigo-online.mp4
Recordamos que tedes toda a información sobre a tarxeta PassVigo en www.passvigo.vigo.org e un apartado de preguntas frecuentes https://passvigo.vigo.org/9-preguntas-frecuentes
Estamos a vosa disposición para dúbidas ou consultas sobre PassVigo en passvigo@vigo.org e no teléfono 986 919 299.
Recordamos que para consultar todos os horarios e percorridos das liñas, podedes empregar a web de Vitrasa ou en Vigo App.
Para seguir toda a actualidade relacionada con Vitrasa, recomendamos seguirnos en Facebook, Twitter e Instagram.
Ademais, recordamos que no transporte público a máscara continúa a ser obrigatoria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »