Probas acceso ciclos formativos grao superior
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:
Máis información:
Desenvolvemento sostible
Durante o primeiro trimestre, o noso alumnado de 1º de ESO, na materia de Proxecto Competencial, dentro do marco de actividades organizadas polo PLAMBE do centro, "persoalizou" os logos referidos aos 17 OBXETIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE da OMS. O resultado está nestas imaxes, cunha obra atractiva visualmente para lembrarnos que esta axenda ata o 2030 e prioritaria para facer deste un mundo mellor.
Como continuidade a este proxecto invitamos a toda a comunidade escolar do IES ROU a seguir os consellos que se indican na seguinte páxina web.
Lembrade que a formación de cidadáns adultos e responsables e tarefa conxunta de todos: docentes, familias e persoal non docente que traballa no centro, e que a mellor ensinanza transversal para o alumnado e "predicar co exemplo".
DELF Scolaire
O 1 de febreiro comeza o prazo de matrícula para o DELF Scolaire, un diploma expedido polo Ministerio de Educación Nacional de Francia para acreditar as competencias en francés. Tradicionalmente, o noso alumnado ten obtido excelentes resultados, polo que é unha grande oportunidade para os que esteades interesados en contar con dito diploma.
Nos arquivos adxuntos tedes a toda a información correspondente.
Intercambio Vigo-Rennes
Xunto co IES Rosais 2 estamos a organizar un intercambio co alumnado do Lycée René Descartes de Rennes (Francia). Se facedes clic no seguinte enlace poderedes acceder a máis información.
Datos para o primeiro pago:
- Importe 205 € para a compra dos billetes de avión Oporto-Rennes/ Rennes-Oporto coa compañía aérea EasyJet (data límite, luns 16 de xaneiro).
- Nº Conta BBVA: ES52 0182 4899 1702 0151 6762.
- Titular: AVORIS - B TRAVEL.
- Asunto: Indicar o nome do alumno ou alumna e se é do ROU ou ROSAIS 2.
Darásevos posteriormente un impreso onde deberedes cubrir diversos datos (data de nacemento, DNI, normas de comportamento...).
Calendario competencial 2023
Hoxe repartíronse no centro os calendarios competenciais deste ano 2023. Foron creados pola Deputación de Pontevedra e inclúen propostas de aprendizaxe e actividades (buscas do tesouro, cine en familia, lecturas recomendadas, educación ambiental, pautas de respiración...).
Por se é do voso interese, no arquivo adxunto o tedes en pdf.
Agradecemos á Deputación de Pontevedra este interesante agasallo.
A maxia no ROU
Para despedirnos dun xeito divertido, o último día de clase tivemos o pracer de contar no noso centro co mago Xulio Merino, unha das grandes promesas da maxia nacional. Gañou o prestixioso "Premio Ascanio de maxia de cerca" e apareceu en programas de televisión como o programa estadounidense “Fool Us” ou o programa "El Hormiguero" de Antena3.
O noso alumnado participou realizando un truco de maxia matemática e formando parte do espectáculo.
Servizo Integral de Reparación Ordenadores Edixgal
Por se é do voso interese, no arquivo adxunto tedes información sobre as características e cobertura do Servicio Integral de Reparación dos equipos Edixgal.
O Nadal do noso centro no Faro de Vigo
Aquí tedes unha noticia que se publica hoxe no Faro de Vigo respecto a como pode utilizarse o Nadal para traballar nos departamentos de Matemáticas, Educación Plástica e Tecnoloxía.
Proclamación membros Consello Escolar
No arquivo adxunto indícase a composición do Consello Escolar do noso centro.
Participación torneo pimpón
Aqui tedes algunhas fotos do alumnado do noso centro que participou na "I Xornada Vigo Tenis de Mesa", organizada polo clube Illas Cíes e o Concello de Vigo, que se celebrou este domingo no pavillón de Quirós, en Sárdoma.
Están: Iván Lago, Kevin Tombo, Hugo Bértolo, Pablo Estévez, Marcos Bértolo, Gabriel Fernández, Evan Machado y Lucas Machado.
Como sabedes, o noso centro ten unha actividade de pimpón organizada pola ANPA, da que forman parte moitos dos participantes neste Torneo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »