Celebrando o día de Rosalía
Neste 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no instituto. O alumnado de 1º da ESO (na foto vemos a Adrián, Candela, Marina e Isabella) plantou unha roseira conmemorativa e leu poemas da autora. A natureza e paisaxe son un motivo recorrente na obra de Rosalía de Castro, ben sexa cun valor simbólico, como a rosa, ou como expresión do galeguismo e dos sentimentos.
Tamén gravamos na Radio un podcast centrado en Rosalía e este aspecto temático da súa obra no que participou alumnado de 4º ESO (Antón e Leo) e 2º Bacharelato (Uxía e Eva).
No Faro de Vigo
O noso programa de intercambio con alumnado francés de Rennes é obxecto de noticia no Faro de Vigo. Se facedes clic no recorte poderedes acceder ao contido da información.
Integración
Coa colaboración do alumado do club de lectura ROULEMOS, inuguramos na Ágora do centro o punto de encontro e de integración. Unha instalación visible, no centro neurálxico do noso edificio onde toda a comunidade educativa expresa o seu rechazo a calquera tipo de discriminación e expón os valores en positivo que pretendemos conseguir para os nosos adolescentes, fillos e alumnos galegos do século XXI. A mensaxe é clara:
LIBÉRATE
GÚSTATE
TOLERA
BICA
IMAXINA
QUÉRETE
+ PENSA EN POSITIVO
Os merdeiros no noso centro
Este xoves 16 de febreiro, o EDNL convidou a uns membros da "Asociación etnografica a merdeira" para falarlles do Entroido e da figura do merdeiro á rapazada de 1° da ESO. Falaron do vínculo deste personaxe cos mariñeiros, labregos e burguesia da cidade e do seu sentido no Entroido tradicional. Ao finalizar algúns voluntarios vestiron o traxe e máscara para perseguir os demais e troulear por fóra.
Conmemorando o día da muller e a nena na ciencia
O IES ROU súmase a reivindicación do Día da Muller e a Nena na Ciencia que se celebra o 11 de febreiro con diversas actividades. Así, o alumnado de 1º ESO A asistiu a un obradoiro científico no museo Verbum, nunha actividade proposta polo Concello de Vig onde tomou parte nun pequeno xogo de participación e logo realizou catro actividades científicas. Tamén puido coñecer o traballo de diferentes mulleres científicas na historia e poñer en valor a lingua galega como idioma científico.
Ademais, o alumando de 4º ESO da materia Cultura Científica realizou unha exposición na Ágora do centro sobre mulleres de ciencia, visibilizando o seu traballo, cuxa contribución foi de gran valor e produciuse en desigualdade fronte aos seus compañeiros varóns.
A escritora Xulia Alonso no noso centro
Este xoves, 2 de febreiro, visitounos Xulia Alonso para charlar co alumnado de Psicoloxía de 2º de bacharelato sobre o seu libro autobiográfico Futuro imperfecto no que relata a propia experiencia da adicción á heroína e coa sida.Falounos do proceso de creación dunha obra tan emocional e honesta, das experiencias persoais e culturais que marcaron a súa xeración, dos tabús da enfermidade, da importancia de poder decidir. A charla organizouna Biblioteca, a profesora de Psicoloxía Mar Hospido e o EDNLG do centro.Tras o coloquio gravamos co equipo da radio unha entrevista que dirixiu a profesora Esther Quinteiro.
O noso instituto coa paz
O noso alumnado da ESO,dende as materias de Educación Plástica e visual e Proxecto Competencial, crean un "FLOWER POWER" de materiais de reciclaxe para conmemorar o día internaciónal da PAZ e NON violencia. A elección do símbolo hippie da Paz serve para dar un toque de cor a toda a situación de conflicto internacional.
Loitando pola Igualdade e a Convivencia pacífica e a non discriminación, dende o IES ROU berramos forte ¡NON AOS CONFLICTOS ARMADOS ¡¡VIVA A PAZ!!
Ademais, o alumnado de 1º ESO B (supervisado pola profesora Lorena Torrón) redactou un manifesto pola paz.
Aprendendo en familia: acoso escolar
Seguindo co Ciclo formativo “Aprendendo en familia” desde a ANPA queren invitarvos a unha segunda actividade dirixida a nais e pais. Será sobre o acoso escolar e terá lugar no noso centro o próximo martes 31 de xaneiro ás 16:30.
Tedes máis información no documento adxunto.
Xornada de portas abertas
No mes de febreiro teremos unhas xornadas de portas abertas nas seguintes datas:
- Mércores 15 de febreiro ás 17 horas: alumnado de ESO (preferiblemente de primeiro) de centros non adscritos e pais do cole Frian-Teis.
- Xoves 16 de febreiro ás 17 horas: alumnado de primeiro de bacharelato.
Esperámosvos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »