Skip to Content

VISITA A EXPOSICIÓN "O DIVÁN DE FREUD NO FARO DO FIN DO CAMIÑO" - GERVASIO SAR - 29 OUTUBRO

 

INTERESANTISIMA exposición de GERVASIO SAR na Sala da Camposa (Muxía). Estes días levei os meus alumnos a visitar, disfrutar e analizar a mostra deste Mariñeiro, pintor, amante de Muxía e do mar, sufridor dunha enfermidade, o Parkinson, que o levaría a cadeira de rodas, pero non por iso menos loitador e libre . Neste caso autorretratos. O título da exposición é moi significativo: " O divàn de Freud no faro da fin do camiño", aludindo a unha das figuras de màis relevancia no eido da psicoanàlise, a contrucción do "eu", o funcionamento do inconsciente, e a relación co mundo dos soños, que se plasma na imaxinería de elementos que aparecen e a súa disposición nos cadros. Pintura sincera, humilde e rotunda, chea da forza da variedade e intensidade da cor (plana), e da sinxeleza e finura no trazo dos contornos que compoñen os planos dos rostros que sintetizan en forma bàsica o " eu" autorretratado. Barco, pendente, brinca, gueivota, àncora, estrela, corazón, flor, libro, cigarro, pipa escudo do Depor, elementos significativos orbitantes. Ceras sobre DM. Material bàsico que afonda na idea da humildade, da sinceridade, ós que el lle tira partido, brillo. Autodidacta, pero que mira e é consciente do afóra coma neses dous cadros nos que remite à pintura e imaxinario de Francis Bacon e de Joàn Miró. Fermosa tamén a relación establecida co pobo. Moitos veciños teñen cadros del, vense nos baixos contra as fiestras cara o exterior, penduran das paredes do noso centro...E Muxía, retratada no cartaz da exposición flanqueada polo secadoiro de congros e o monte do Corpiño.

1º ESO

1º ESO

3º ESO

4º ESO

 

 



page | by Dr. Radut