Concurso "CARTAS DE AMOR"
Un novo ano, a Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o EDLG organizan un concurso de cartas de amor con motivo de San Valentín!
Haberá dúas categorías:
CATEGORÍA A: 1º e 2º de ESO.
CATEGORÍA B: 3º e 4º de ESO.
BASES:
- Escribe unha carta de amor (tamén pode ser de desamor!), ORIXINAL e INÉDITA.
- O texto deberá estar escrito en LINGUA GALEGA e ser respectuoso no seu contido e na súa presentación.
- Non se admitirán os textos con erros ortográficos.
- Poderase escribir a carta á man (con boa caligrafía) ou ben empregar un procesador de textos.
- IMPORTANTE!!! O nome do autor non poderá aparecer no texto, empregarase no seu lugar un pseudónimo para asinalo. Os datos básicos do participante (nome, curso e pseudónimo empregado) irán nun sobre pequeno e pechado que se introducirá xunto coa carta nun sobre máis grande. No exterior deste sobre grande só deberá aparecer escrita a categoría pola que se presenta.
PRESENTACIÓN:
- Prazo límite de entrega: 8 DE FEBREIRO.
- Lugar: A Biblioteca (serán depositadas na caixa destinada a concursos).
PREMIOS:
CATEGORÍA A
1º premio: obsequio por valor de 8 euros.
2º premio: vale de 4 euros para a cafetaría.
CATEGORÍA B
1º premio: obsequio por valor de 8 euros.
2º premio: vale de 4 euros para a cafetaría.
- blogue de
- APIs de Blogue
- 206 lecturas