CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
BASES DO CONCURSO
- Poderán participar todos os alumnos do centro que o desexen.
- A participación é individual e as postais deberán ser orixinais. Só se poderá presentar unha postal por alumno.
- O traballo presentarase en cartolina de tamaño DIN A5 210X148 mm (medio folio). A técnica é libre: cor, branco e negro, collage, ceras... Non se poderán utilizar purpurinas.
- Deberá incluír algún desexo ou algunha mensaxe para o ano 2019 en lingua galega.
- ENTREGA DOS TRABALLOS. Os datos do alumno participante (nome e curso) NON irán na postal, senón nun sobre pechado que se pegará no reverso da mesma con celo. Ese sobre cos datos persoais máis a postal (que debe ser totalmente ANÓNIMA) serán depositados na caixa habilitada para este concurso na Biblioteca.
- Un xurado formado por profesorado do centro elixirá as tres postais premiadas. Valorarase tanto o deseño da postal como a mensaxe.
- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.
PREMIOS
- Haberá tres premios:
- Primeiro: vale desconto de 10 € para gastar na cafetería do centro (ou un agasallo de valor equivalente) e o feito de que a súa postal sexa empregada para felicitar as festas desde a páxina web do instituto.
- Segundo: vale desconto de 7 € para a cafetería.
- Terceiro: vale desconto de 5 € para a cafetería.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
- O prazo de presentación iníciase dende a publicación das bases, o día 23 de novembro de 2018, ata o día 17 de decembro de 2018.
RECORDA: A POSTAL DEBE SER ANÓNIMA
- blogue de
- APIs de Blogue
- 135 lecturas