Skip to Content

Concurso de postais de Nadal

 

BASES DO CONCURSO

- Poderán participar todos os alumnos do centro que o desexen

- A participación é individual e as postais deberán ser orixinais.

- O traballo presentarase en cartolina de tamaño DIN A5 210X148 mm (medio folio). A técnica é libre: cor, branco e negro, collage, ceras... Non se poderán utilizar purpurinas.

- Deberá incluír algún desexo ou algunha mensaxe para o ano 2018 en lingua galega.

- ENTREGA DOS TRABALLOS. Os datos do alumno participante (nome e curso) NON irán na postal, senón nun sobre pechado que se pegará no reverso da mesma con celo. Ese sobre cos datos persoais máis a postal (que debe ser totalmente ANÓNIMA) serán depositados na caixa habilitada para este concurso na Biblioteca.

- Un xurado formado por profesorado do centro elixirá as tres postais premiadas. Valorarase tanto o deseño da postal como a mensaxe. 

- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

 

PREMIOS

  • Haberá tres premios
    • Primeiro: vale desconto de 15 € para gastar na cafetería do centro e o feito de que a súa postal sexa empregada para felicitar as festas desde a páxina web do instituto.
    • Segundo: vale desconto de 10 € para a cafetería.
    • Terceiro: vale desconto de 5 € para a cafetería.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación iníciase dende a publicación das bases, o día 9 de novembro de 2017, ata o día 12 de decembro de 2017

  

RECORDA: A POSTAL DEBE SER ANÓNIMA

 

 



blog | by Dr. Radut