Skip to Content

Concurso ONDE ESTAMOS?

 

      Para contribuír a coñecer un pouco mellor o noso patrimonio cultural e a nosa historia, cada mes escolleremos un lugar de Galicia e no taboleiro de Dinamización colocaremos fotografías do mesmo, así como distintas pistas ao longo das semanas. Os alumnos e alumnas que participedes deberedes adiviñar de que lugar se trata, o que vos permitirá conseguir puntos para ter acceso a distintos agasallos.

COMO PARTICIPAR

 

     Cada alumno que acerte o lugar conseguirá unha puntuación, que irá diminuíndo en función do número de pistas que foran necesarias para averigualo:

 

4 puntos → Se se acerta na primeira semana, con só unha pista.

3 puntos →Se se acerta despois de que sexa proporcionada a segunda pista.

2 puntos → Se se acerta despois de que sexa proporcionada a terceira pista.

 

 

Os alumnos que consigan sumar 10 puntos serán obsequiados con vales desconto para a cafetería e material escolar.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN, CONSULTA O TABOLEIRO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

 

 



blog | by Dr. Radut