Skip to Content

Procedemento para a admisión do alumnado 2017/18

Información ao alumnado e ás familias:

 

A) Normativa reguladora do procedemento de admisión: (ver adxuntos)

 

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado (DOG do 26/12/2012).

  • Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG do15/03/2013), modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017(DOG do 01/02/2017).

 

B) Postos escolares ofertados:

 

 

Curso

Número prazas

ofertadas

Número

permanencias

Número de

solicitudes de

reserva asignadas

Número de

vacantes

ESO

 

60

(6 para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo)

 

 

 

 

 

 

 

33

 

27

 

ESO

 

60

 

 

41

 

 

19

ESO

 

30

 

 

28

 

 

2

ESO

 

30

 

 

26

 

 

4

 

C) Prazo de presentación das solicitudes de admisión: Do 1 ao 20 de marzo

 

 

Documentación que se deberá achegar:

 

  • Anexo II de solicitude cuberto e asinado (consta de 5 páxinas). Pode recollerse o formulario na secretaría do centro ou descargalo da páxina web do centro.

A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro educativo ou de forma

electrónica a través da aplicación admisionalumnado.

  • Copia do DNI ou páxina do libro de Familia do alumno/a.

  • Certificado de matrícula do curso actual (emitido polo XADE)

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se fose o caso.

 

D) Nota informativa:

 

1º Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en

primeiro lugar, e a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

2º O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro

distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

3º O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto

deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de

admisión.

 

E) Calendario:

 

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 21 de abril.

 

  • Reclamación ás listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 24-28 abril.

 

  • Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: 12 de maio.

 

F) Prazo para formalizar a matrícula (anexo III):

 

  • Formalización da matrícula ordinaria (os que aproben todo en xuño): 27 de xuño ao 10 de xullo.

 

  • Formalización da matrícula extraordinaria (os que aproben en setembro): 1-11 de setembro.

 

G) Centros adscritos:

 

  • CEIP dos Muíños.

  • CEIP de Vilarmide – Eduardo Noya

 

 

H) Servizos complementarios:

 

Seis Rutas de transporte escolar.

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
solicitude admisión_ anexo II.pdf1.04 MB
orde admisiónalumnado.pdf1.15 MB
Modificación Orde_admisión alumnado.pdf709 KB
Decreto admision en centros.pdf593.29 KB


page | by Dr. Radut