AVISO IMPORTANTE TRANSPORTE: LIÑA BAREDO

AVISO TRANSPORTE: LIÑA BAREDO

Remataron as obras na rúa Cruceiro que afectaban ás paradas de "Cabreiros" e "Portelos", polo que a partir do Luns 9 de Outubro o autobús volverá a realizar o seu percorrido habitual.

26 DE SETEMBRO, FESTIVO LOCAL

FESTIVO LOCAL EN BAIONA:

O centro permanecerá pechado o martes, 26 de setembro

PRAZAS VACANTES EN CICLO SUPERIOR

Rematado o proceso de admisión e matrícula polo réxime ordinario, amplíase a oferta modular para o réxime de persoas adultas

Prazo extraordinario do 18 de setembro ao 22 de setembro en 1º curso de ciclo superior de animación sociocultural e turística,

Oferta: 14 prazas

Normativa: Decreto 114/2010 do 1 de xullo

AVISOS IMPORTANTES TRANSPORTE ESCOLAR

  • A partir do Luns día 11 o Servizo de Transporte Escolar funcionará con normalidade, tanto en horario de mañá como de tarde.

 

  •  Todo o alumnado que SOLICITOU o uso do transporte durante o proceso de matriculación poderá facer uso do mesmo. Isto inclúe as persoas CON dereito a transporte subvencionado (ESO e FPB) así como ás que NON teñen dereito ó mesmo (Bacharelato e Ciclo Superior)

 

  • O alumnado ÚNICAMENTE poderá empregar a Parada que marcou na solicitude (excepto que se lle comunique personalmente un cambio na mesma dende a vicedirección do centro). Un cambio de parada pode supoñer non poder subir ó Bus (para esa ou outras persoas).

 

  • Aquel alumnado que non o solicitou, ou que teña dúbidas de telo solicitado non pode facer uso do mesmo ata asegurarse a través da vicedirección do IES de se ten praza ou non. Se alguén sube a un Bus sen estar seguro de si ten praza pode provocar que outro alumno/a, que si fixo a solicitude, non teña sitio no bús e quede na parada sen poder subir.

 

  • O alumnado que NON ten dereito a transporte subvencionado, pero ó que se lle concedeu praza, debe ter en conta que esta praza concédese “en precario, o que significa que en calquera momento se pode perder esa praza de ser necesario empregala para alumnado que SI ten dereito.

 

 

  • Cambios Importantes realizados pola empresa de Transporte:

 

 

  • O alumnado que solicitou a parada Edificio Pirsa Mar debe subirse no Autobús Liña 1-Belesar (antes era Liña 5-Sabarís, pero agora é Liña 1-Belesar)

 

  • O alumnado que solicitou a parada Mougás-Cruce Camping debe subirse no Autobús Liña 4-Oia (antes era Liña 3-Baredo, pero agora é Liña 4-Oia)

 

  1. Horario de saída* das liñas de buses

 

Liña

Mañáns

Tarde do Luns

1-Belesar

07:55 h.

15:35 h.

2-Morade

08:00 h.

15:40 h.

3-Baredo

08:20 h.

15:35 h.

4-Oia

07:55 h.

15:35 h.

5-Sabarís

08:00 h.

15:40 h.

6-Baíña

07:56 h.

15:45 h.

 

*Información facilitada pola empresa concesionaria do transporte de alumnado. É o horario de saída dende a primeira parada en dirección ó IES.

Normas de convivencia e normas de funcionamento do centro

A dirección do centro publica as Normas de funcionamento do centro e as Normas de convivencia para toda a comunidade escolar.

COMUNICACIÓN AS FAMILIAS DO INICIO DE CURSO 2023/24

Comunicación ás familias:  Inicio curso

Desde o IES Primeiro de Marzo damos á benvida ao curso 2023-2024

 Inicio:

 - 11 de setembro (horario habitual de 8:30 a 14 horas e de 16:10 a 17:50 horas) : Todos os grupos agás Ciclo Superior

11 de setembro Ciclo Superior: 1º ASCT (10:30) e 2º ASCT (11:30). O resto da xornada será a habitual dos Luns, ata as 14:00h, e pola tarde de 16:10 a 18:40 horas.

Haberá servizo de transporte escolar

 

LISTAXE PROVISIONAL DE AXUDAS FCT DO ALUMNADO DE FP. CURSO 22/23

A listaxe provisional de bolseiros está publicada no taboleiro da secretaría do centro para a súa consulta.

Período de reclamación : 10 días naturais

Publicación definitiva: 10 de outubro de 2023

BENVIDA AO CURSO 2023-2024.

AVISO:

Damos a benvida a todo o alumnado que se incorpora ao curso 2023-2024 cos mellores desexos de aproveitamento e enriquecemento, e prácenos convidar a un acto informativo, de acollida, ás familias do alumado de 1º ESO, 1º FPB e 1º de Bacharelato,que accede por primeira vez ao centro, tamén a outras familias de nova incorporación doutros cursos.

Día: 5 de setembro ás 18:00 horas na pista cuberta do centro

Atentamente

A Dirección

PRAZAS ADXUDICADAS PARA 1º CURSO DE FPB

Prazo de matrícula: 26 de xullo de 9 a 13:00 horas

DOCUMENTACIÓN:

Certificado de estudos, copia do DNI  do alumno e dos pais e da tarxeta sanitaria, dúas fotos, xustificante do pago do seguro escolar (1,12 euros) á conta de ABANCA- Baiona, IBAN: ES12 2080 5015 68 3040014348

PUBLICACIÓN DA LISTAXE: 

36019657 IES Primeiro de Marzo

CBSSC11 Actividades domésticas e limpeza de edificios

3 prazas adxudicadas dun total de 18:

1 1C3E7E6H6A - 20/12/2007 

2 1C3E7A7B8G - 29/09/2007 

3 1C3E7F4K7C ENO 31/12/2006 

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. O CPC figura na folla de información importante do resgardo da solicitude de participación na admisión á formación profesional de grao básico. 

Teléfono de contacto : 886110127

e mail: ies.primeiro.marzo@edu.xunta.gal

 

Distribuir contido