AVISO: Recadación de Fondos para a Viaxe Fin de Curso (4º ESO e 2º FP Básica)
Dende o IES Primeiro de Marzo queremos informar que o alumnado de 4º ESO e 2º FP Básica está a levar a cabo diversas accións para recadar fondos para sufragar os costes da Viaxe Fin de Curso.
Entre estas accións se atopa un Mercadiño de Nadal (15 de Decembro, na Praza do Concello), unha Festa Pre-Fin de Ano (20 de Decembro, nun coñecido local de hostalería da Vila) ou a venda de participacións de Lotería de Nadal por importe de 5€ (4 de participación e 1 de donativo).
Convén aclarar que todas estas accións son promovidas, organizadas e xestionadas directamente por algunhas das familias deste alumnado, que de xeito autónomo se organizan para recadar fondos.
En ningunha delas o IES asume ningún papel nin responsabilidade sobre as mesmas.
Informase a toda a comunidade educativa que, conforme o establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, as votacións para a elección das persoas representantes das familias no Consello Escolar do noso centro terán lugar o vindeiro xoves día 21 de novembro, en horario de 16:00 a 19:00 horas na Biblioteca do IES Primeiro de Marzo.
Estimadas familias,
O departamento de inglés está a organizar unha viaxe de inmersión lingüística a Inglaterra para o alumnado de 3º ESO, na semana anterior as vacacións de Semana Santa, para un grupo de máximo 30 alumnos e alumnas.
No caso de contar con máis alumnado interesado que prazas dispoñibles, a selección faríase en función de criterios como o expediente académico (con especial atención ás cualificacións en Inglés), rendemento en aula, ausencia de partes ou sancións, etc.
A organización e xestión desta viaxe faise a través dunha empresa especializada na xestión destas actividades, que organiza unha sesión informativa para tódalas familias interesadas de xeito telemático.
Esta reunión terá lugar o próximo mércores 13 de novembro entre as 19:00 e as 20:00 horas.
Aquelas familias interesadas poderán participar nesa reunión a través do seguinte enlace: https://meet.google.com/bwv-hwqp-yys
Por outra banda, no seguinte formulario, podedes deixar o voso contacto para que a empresa vos envíe información máis detallada do programa: https://forms.gle/quaQdPZb8AhrHoRQ7
Agardamos que esta actividade sexa do voso interese,
Un saúdo.
Convócase a todas as familias ou persoas titoras responsables do alumnado de 1º e 2º ESO a unha reunión no IES Primeiro de Marzo.
Primeiro terá lugar un encontro colectivo, no que participará a Orientadora do IES, e a continuación cada profesor/a titor/a guiará as familias ou persoas titoras responsables do seu grupo específico a outra aula para abordar cuestións mias concretas do seu grupo de referencia.
Data: Luns 21 de Outubro
Hora: 18:00
Lugar: Salón de Actos do IES Primeiro de Marzo
Un novo curso dende a ANPA do noso IES organizan unha actividade de Samaín que terá lugar nas instalacións do centro, na tarde-noite do día 25 de outubro, con pernocta incluida.
Para mais información contactade directamente coa ANPA.
Información relevante: ACTUALIZADO O 13/11/2024
Sorteo público para a constitución da Xunta electoral: 18 de outubro ás 11:05 no despacho de Dirección. Achegamos convocatoria.
Achegamos arquivo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, publicada no DOG do 18 de setembro de 2024, pola que establece o calendario para a renovación do Consello Escolar dos centros educativos
PUBLICADO NO TABOLEIRO DO CENTRO O CALENDARIO DAS ELECCIÓNS SOBRE ESTE PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CE aprobado pola Mesa Electoral en reunión celebrada o 28 de outubro de 2014. Achegamos arquivo
PUBLICADO NO TABOLEIRO DO CENTRO OS CENSOS DO SECTOR FAMILIAS, SECTOR ALUMNADO E SECTOR PROFESORADO (reclamacións ata o día 8 de novembro ás 14 horas en secretaría)
Publicadas no taboleiro do centro as candidaturas presentadas para as eleccións ao CE, as votacións serán os días 20 e 21 para os distintos sectores. Achegamos arquivo
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA !!
Martes: Volei 16:30-17:45
Mércores: Baile 16:30-17:45
Xoves: Showcooking 16:30-18:00
Xoves: Tenis (25€) 16:30-17:45
Mais info a través da ANPA BALCAXIA
Grazas á colaboración das familias, estamos detectando que na Aplicación Abalar se indican como asignadas paradas de transporte erróneas, que non se corresponden coas realmente asignadas ó alumnado ó que se lle concedeu transporte escolar.
Queremos informar que este erro é alleo ó IES. Trátase dun fallo da aplicación transporte.
Por eso vos pedimos que NON FAGADES CASO da información que ofrece Abalar sobre as paradas asignadas ó alumnado que se lle concedeu transporte escolar.
As únicas paradas realmente asignadas son as que solicitachedes nos impresos correspondentes (excepto que dende Vicedirección se vos informase de algún cambio, pero isto sempre sería comunicado directamente á familia).
Lamentamos a confusión que pode estar xerando esta situación, que, repetimos, É COMPLETAMENTE ALLÉA ó centro.
Poñeremonos en contacto co departamento correspondente para tratar de que se solucione.
Mentres tanto ignorade a información que aparece no Abalar relativa ás paradas de transporte.
Moitas grazas pola vosa preocupación e por informar desta situación aquelas persoas que o detectachedes.
Este curso voltamos contar con Servizo de Cafetería.
Permanecerá aberta durante as mañás toda a semana, e ós mediodías de Luns (e probablemente Xoves, en función da demanda) para o alumnado maior de idade e o profesorado.
Pronto pasarán información detallada sobre o seu servizo, que incluirá comidas para os días de clase pola tarde.
Contamos con poder asignar a case todo o alumnado a esta liña, pero algunhas persoas en concreto non poderán facer uso do mesmo. Nestes días vos informaremos con mais detalle. Mentres facemos os últimos axustes non se poderá facer uso desta liña por parte do alumnado SEN DEREITO
Segundo a Instrución conxunta 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares,
* é alumnado CON DEREITO aquel que cumpre TODAS as seguintes condicións:
**é alumnado SEN DEREITO a transporte todo aquel que:
[[ Aquí se atopa o alumnado de ESO que debería estar matriculado no CPI Cova Terreña, e o alumnado procedente doutros Concellos (Nigrán, Gondomar, Tomiño, Vigo,...) coa excepción do alumnado procedente do Concello de Oia, por ser o IES Primeiro de Marzo centro referente para o alumnado deste municipio. ]]
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN, COLABORACIÓN E PACIENCIA.