Xuntamos arquivo co calendario
Xuntamos arquivo co calendario de fin de curso (mes de xuño)
Xuntamos calendarioS de 1º BACH.
Presentámosvos o Logo elexido para representar ó noso IES.
Despois dun proceso participativo, no que se consultou á comunidade educativa, o logo resultante recolle elementos identificativos do noso IES e a vila de Baiona como as ondas do mar ou o símbolismo dunha vela que evoca á Carabela Pinta, ó tempo que se identifica cun espazo tan importante do noso centro como é o Anfiteatro.
A privilexiada ubicación do centro, a modo de mirador sobre a ría, permite disfrutar dunha fusión entre mar e ceo, polo que os azuis se convirten nas cores representativos do mesmo.
Agardamos que sexa do agrado de todas e todos vós.
O Equipo Directivo.
Máis información sobre a convocatoria nos adxuntos
Enlace á web: Fondo Libros
DOG: ORDE do 7 de maio de 2024
Procedemento administrativo: ED330B
♦ Forma de presentación de solicitudes:
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica [iniciar].
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
En ambos casos, o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación
presentada e, de ser o caso, proceder á súa validación para conitnuar coa tramitación.
SOLICITUD EN LINEA NA WEB DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FP
ENLACE:
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/...
SOLICITUD ENTREGADA PRESENCIALMENTE NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 9 A 14 HORAS
Achegamos información sobre o calendario e o proceso de matrícula na ABAU do curso 23/24.
Os impresos da matrícula e as taxas para a ABAU poden descargalos no enlace: https://ciug.gal/gal/abau
Información e convocatoria na web da CIUG (Comisión Interuniversitaria Universidade Galega)
NOTA: Os modelos de taxas para abonar o título de bacharelato e a matrícula ABAU, indican as distintas taxas segundo sexa tarifa normal ou con desconto (sempre entregarán os xustificantes de pago coa copia da tarxeta de Fª numerosa ou outra ciscunstancia que conleve ese desconto).
Atenderemos calquera cuestión na secretaría do IES de luns a venres de 9 a 14 horas.
Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.
O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.
Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
Este curso poñemos en marcha o proxecto Hackers sen Fronteiras Baiona, proposta gañadora da convocatoria “Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia" organizada por Enxeñaría sen Fronteiras Galicia.
Renovamos este curso a aula de informática e queremos darlle unha segunda vida aos ordenadores retirados que aínda funcionan. Un dos destinatarios dos ordenadores recuperados e actualizados son asociacións sen ánimo de lucro da contorna. Temos especial interese en reducir a fenda de xénero nas TIC e ofrecer os equipos a asociacións que axuden á emancipación e formación tecnolóxica das mulleres (casas de acollida de vítimas de violencia machista, mulleres rurais, etc.), pero poden ser beneficiarias calquera outro tipo de asociacións que dean un servizo social á comunidade: atención á discapacidade, saúde, cultura, patrimonio, etc.
No seguinte enderezo está toda a información sobre o proxecto: https://tecnoloxia.org/hackersbaiona/
Alí hai un formulario para asociacións a través do cal poden realizar a solicitude: https://forms.gle/s4bgv5JvVmt1gDwg7
Para resolver calquera dúbida ou se precisan información adicional, poden poñerse en contacto coa coordinadora do proxecto, María Loureiro do departamento de Tecnoloxía, a través do teléfono do instituto: 886110127