Calendario de entrega de notas - Curso 2019-20

Calendario de entrega de notas - Curso 2020-21

25 de xuño

Entrega de notas: ESO, 1º BACH, CICLO e FPB.

Segundo o seguinte calendario:

 

Hora

Curso

Aula

09:00

1º ESO - A

AULA 07

09:00

1º BACHARELATO - A

SALÓN DE ACTOS

09:30

1º ESO - B

AULA 10

09:30

1º BACHARELATO - B

SALÓN DE ACTOS

10:00

1º ESO - C

AULA 11

10:00

1º FP BÁSICA

AULA 16

10:30

2º ESO - A

SALÓN DE ACTOS

10:30

2º ESO – C PMAR

AULA 12

11:00

2º ESO - B

SALÓN DE ACTOS

11:00

2º FP BÁSICA

AULA 11

11:30

3º ESO - A

SALÓN DE ACTOS

12:00

3º ESO - B

SALÓN DE ACTOS

12:00

3º ESO – C PMAR

AULA 12

12:00

4º ESO - A

AULA 17

12:00

1º CICLO

AULA CICLO

12:00

2º CICLO

TALLER CICLO

12:30

4º ESO - B

SALÓN DE ACTOS

 

 

NOTA 1: O alumnado con todas as materias aprobadas deberá  recoller en Conserxería o Sobre da Matrícula.

NOTA 2: O alumnado deberá devolver os libros das materias  aprobadas, na Biblioteca, en horario de 9:00 a 13:00, segundo o seguinte calendario (o mesmo día da matriculación so curso seguinte)

 

Data

Curso

1 de Xullo

Libros usados polo alumnado que cursou 4º ESO

2 de Xullo

Libros usados polo alumnado que cursou 3º ESO

3 de Xullo

Libros usados polo alumnado que cursou  2º ESO

6 de Xullo

Libros usados polo alumnado que cursou  1º ESO

 

RECLAMACIÓNS

25-26 de xuño

Presentación de reclamacións fundamentadas ata

as 14:00 h. do 26 (na Secretaría do centro)

29 de xuño

10.00 h

Resolución de reclamacións.

Entrega da resolución motivada na secretaría

 

10.30 h

Notificación da resolución

ao alumno/a en Xefatura de Estudos

 

 

NOVEMBRO LILA. EXPOSICIÓN CONCURSO DE DEBUXO

O luns 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, terá lugar ás 13:00 horas no Concello de Baiona a inauguración da exposición do Concurso de debuxo co slogan "Novembro Lila" e farase entrega dos premios ao alumnado.

Achegamos listaxe dos premiados.

CADEA HUMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 NOVEMBRO

AVISO: O vindeiro luns, 25 de novembro os cursos: 1º, 2º e 3º da ESO, FPB e Ciclo Superior participarán da cadea humana contra a violencia de xénero que organiza a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, será pola mañá de 10:10 a 12:30 horas no centro da vila.

PREMIO DO PLAN PROXECTA AO PROXECTO RÍOS

Concedido accésit ao Plan Proxecta Ríos do noso centro. Achegamos  resolución  da Dirección Xeral de Educación. ¡Enhoraboa ao participantes!

PREMIO " DESAFÍO ROBOTS" AO PROXECTO "MCLON ROBOT"

Resolución provisional do 13 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa.

Achegamos arquivo coa información do premio. ¡Enhoraboa aos participantes!

FOTOS DO ACTO DE RECOÑECEMENTO AOS NOSOS MELLORES ESTUDANTES. CURSO 2018/19

O alumnado do IES Primeiro de Marzo coas mellores notas na ABAU de xuño, foi recibido polo Alcalde do Concello de Baiona, Don Carlos Gómez Prado e polo Concelleiro de Educación e Emprego, Don Óscar Carreño Miniño. Nun acto de recoñecemento polos excelentes resultados académicos obtidos, o alcalde quixo facer mención tamén a aqueles alumnos e alumnas que, pese a unha gran adicación, non sempre ven recompensados os seus esforzos. Tamén tivo unhas palabras de agradecemento para o conxunto do profesorado e o Concelleiro de Educación salientou, pola súa banda, o gran apoio que supoñen as familias e o papel determinante no éxito académico. Noraboa a todas e todos!

ACTO DE RECOÑECEMENTO AOS ESTUDANTES COS MELLORES RESULTADOS NA SELECTIVIDADE DE XUÑO

O vindeiro mércores, 17 de xullo ás 12:00 horas, no Concello de Baiona, terá lugar o Acto de Recoñecemento aos 10 estudantes que obtiveron as mellores cualificacións na ABAU (selectividade) de xuño, asistirán tamén os representantes da Comunidade Educativa e do Concello.

¡Felicidades!

AGRADECEMENTO

Díxenlle á rula 

                                   Díxenlle á rula: Pase miña señora!

E foise polo medio e medio do outono

                                    por entre as bidueiras, sobre o río.

                          O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,

     na man esquerda a calabaciña de auga,

                                    ollando a rula irse, comentóu:

                                    - Calquera día sen decatarte do que fas

                                    dices: Pase a miña señora!

                                    e é a alma túa a quen despides como un ave

                                    nunha mañan de primavera 

                                     ou nun serán de outono.

                                                                         

                                                                                     Álvaro Cunqueiro                                                                                                                                                                                                   

        En nome da familia da nosa querida compañeira Tere queremos agradecer todas a mostras de pesar recibidas por mor do seu falecemento.

       Grazas a todas as persoas que coa súa presenza ou coas súas palabras e os seus xestos amosaron o cariño e o respecto que sentían por ela.

 

 

Distribuir contido