Por 3º curso consecutivo, o alumnado de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo é o encargado de organizar o Encontro de Comandos Igualdade da Provincia de Pontevedra.
Logo dunha 1ª edición celebrada en Baiona (Parador de Turismo) e unha 2ª edición organizada en Chapela (Multiusos Piñeral do Crego), nesta ocasión o III encontro terá lugar no Museo Verbum de Vigo, o 26 de Abril.
Como non podía ser doutro xeito, Rochas Violetas, o noso Equipo de Igualdade, participará deste encontro.
Salientar que nesta edición tamén participará, por primeira vez, o noso centro adscrito, o CPI Cova Terreña, co seu recentemente creado equipo de igualdade.
“Unha segunda vida para as augas residuais orgánicas: a depuración da auga” é o título do proxecto STEMbach impulsado polo CINTECX no que participa un grupo de estudantes do IES Primeiro de Marzo de Baiona.
Durante o mes de febreiro, Fátima Míguez, Xoana Rodríguez e Gael Álvarez, xunto coa profesora Teresa Louzao, realizaron dúas visitas ao CINTECX para traballar no desenvolvemento da parte experimental deste proxecto, de dous anos de duración.
Mais información na seguinte ligazón da Uvigo:
https://cintecx.uvigo.es/es/estudiantes-do-ies-primeiro-de-marzo-de-baio...
SEDE:
DATA: 18 de abril
Instrucións para as probas no arquivo adxunto
Achégase información sobre a Convocatoria de Folga Estudantil Feminista para o 8 de Marzo convocada polo Sindicato de Estudantes.
O sindicato de estudantes informa da convocatoria de folga para o 26 de outubro en solidaridad polo feitos acontecidos nestes días.
Achegamos arquivo adxunto co cartel informativo
PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA (PEM). CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS
O plan estratéxico de mellora é un documento deseñado para desenvolver uns obxectivos estratéxicos a través dunhas liñas de actuación que van dende o apoio ao alumnado vulnerable, os cambios das actitudes no centro ou o melloramento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe e de organización, e que se concretan en accións transformadoras dos centros. Como membros da comunidade escolar, remitimos ás familias este cuestionario para analizar as súas respostas e tratar de mellorar o noso centro educativo.
Enlace directo ao cuestionario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe8cHOtac-7EzaDToOY6tdlsgqLgCC4LH4PguYeFO_jaDxDeg/viewform?usp=sf_link
Data límite 30 abril
INFORMACIÓN:
No seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ pódense consultar as primeiras listaxes publicadas en relación á Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocaron axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
Artigo 16. Procedemento de adxudicación de prazo
1. Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Comisión de Selección fará públicas tres listaxes: unha, na que se incluirán as solicitudes admitidas; unha segunda, de solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto; e unha terceira, de solicitudes excluídas, facendo constar as causas de exclusión. Estas listaxes exporanse na web da convocatoria (https://www.edu.xunta.gal/axudasle/), na Oficina de Rexistro Único e Información da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e remitirase para a súa publicación ás xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e aos centros de ensino obxecto do ámbito desta convocatoria.
Atentamente,
Comunicámoslle información relevante relacionada coa convocatoria de bolsas do MEFP para o curso 2023/24:
O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
O alumando de Animación Sociocultural e Turística está a organizar unha Gala Solidaria para recaudar fondos a favor de ASANOG (Asociación de Nenos/as Oncolóxicos de Galicia).
Na gala participarán tanto grupos de alumnado do IES Primeiro de Marzo como outras agrupacións e artístas do Val Miñor.
O gran evento terá lugar o próximo Venres día 10 de Marzo, ás 19:00 horas no Auditorio V Centenario de Baiona.
Agardamos contar coa vosa colaboración, difundindo o evento, colaborando económicamente, asistindo e disfrutando da gala.....
Moitas grazas!