Desde o IES Primeiro de Marzo queremos dar a benvida a este curso anómalo e transmitirvos o noso pesar por non dar información máis precisa e completa: os constantes cambios de instruccións dadas pola Consellería de Educación desde xullo e a falta de adxudicación de profesorado a día de hoxe, dificultan notablemente a organización do curso escolar, sobre todo tendo en conta que se nos acaba de comunicar que non nos aumentan o cupo de profesorado.
Queremos expresar, con todo, o noso esforzo e traballo en pro dun centro "seguro", defensa de presencialidade e de mantemento da xornada lectiva establecida.
De poder organizar o centro en tempo, manteríamos as datas previstas de inicio de curso, con incorporación gradual:
23 de setembro: 1º e 2º ESO, 1º BACH, 1º Ciclo superior
24 de setembro: 3º ESO; 2º BACH, 2º Ciclo superior, 4º ESO e FPB
25 de setembro: festividade local (San Cosme e San Damián)
CONVOCATORIA DE REUNIÓN para as familias (por protocolo COVID, asistirá un proxenitor ou proxenitora ) do alumnado de 1º ESO e 1º FPB:
Luns, 21 ás 17:00 horas
Lugar: pista cuberta
Medidas: acudir con máscara
AVISO IMPORTANTE:
NON se pode acudir ao centro en caso de presentar algún síntoma COVID
As familias, diariamente, deberán cubrir a autoenquisa (non hai que enviala ao centro) para detectar posible sintomatoloxía.
Deben cubrir e asinar o documento "declaración responsable" e presentalo en CONSERXERÍA entre as 8:30 e 14:00 h, con data límite do 22 de setembro.
Xuntamos arquivos dos documentos para imprimir; tamén poden solicitalos .
Grazas pola comprensión. Xuntamos o protocolo COVID elaborado polo noso profesorado
Requisitos para acceder á FP Básica:
Ser proposto/a polo equipo docente.
Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
Ter cursado o terceiro curso da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
CALENDARIO:
Presentación de solicitudes: desde o día 1 ao 11 de setembro ás 13:00 horas.
Listaxe de alumnado admitido e non admitido: 14 de setembro.
Oferta: 18 prazas para FP Básica de Actividades domésticas e limpeza de edificios
Matriculación: 15 de setembro en secretaría do IES de 10 a 12 horas.
Documentos para a matrícula: certificación estudos, DNI pais, DNI alumno, Tarxeta sanitaria, Libro de familia, certificado médico (se é preciso para Alerta Escolar), 2 fotos tamaño carnet e pago do seguro escolar de 1,12 euros na conta do IES: ES12 2080 5015 68 3040014348
Prazos:
Para bacharelato e FP : do 9 de agosto ao 1 de outubro.
Para Apoio Educativo: do 9 de agosto ao 30 de setembro.
Para Universidade: do 9 de agosto ao 15 de outubro.
Convocatoria publicada o 8 de agosto no BOE
Entidade : Ministerio de Educación y Cultura MEC
Páxina do MEC: www.educacionyfp.gob.es (seleccionar BECAS EDUCACIÓN)
No seguinte enlace poderá descargar os libros de texto para o curso 2020/21
Para o alumnado aprobado en xuño, a matrícula realizarase na Secretaría do IES Primeiro de Marzo en horario de 9:00 a 13:00 horas e segundo as seguintes datas:
Data |
Curso |
1 de Xullo |
1º BACHARELATO |
2 de Xullo |
4º ESO |
3 de Xullo |
3º ESO |
6 de Xullo |
2º ESO / 2º FPB |
7 de Xullo |
1º ESO |
8 de Xullo |
2º BACHARELATO |
AVISO: A matrícula de 2º curso de Ciclo (e FCT) será efectiva o día da entrega de notas, traerán o resgardo do pago do seguro escolar e unha foto (se son usuarios de transporte dúas fotos).
2º FPB: entregarán dúas fotos e o pago do seguro escolar (1,12 euros)
ABANCA ( IBAN:ES12 2080 5015 68 3040014348)
Ao alumnado dos centros adscritos (1º ESO) se lles entregará o sobre de matrícula , coas indicacións do Instituto, no propio colexio o día da entrega de notas e virá o día sinalado (7 de xullo ) a entregala.
Publicada a orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para libros de texto e material escolar.
PRAZO: DO 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO INCLUSIVE.
BENEFICIARIAS: Aquelas familias con alumnado matriculado en ESO
RECOMÉNDASE QUE SOLICITEN AS AXUDAS A TRAVÉS DA APLICACIÓN INFORMÁTICA DE INTERNET: https://www.edu.xunta.es/fondolibros
ou tamén mediante o emprego da chave 365 no enlace : https://sede.xunta.gal/chave365 (PARA DARSE DE ALTA DA CHAVE, PODEN PEDIR CITA NO CENTRO DE SAÚDE DE BAIONA NO TFO: 986357239)
IMPORTANTE: Os datos da persoa solicitante son os do pai, nai ou titor legal
Deben entregar unha soa solicitude para todos os irmáns que estean matriculados no mesmo centro.
No Anexo II deben figurar todos os membros da unidade familiar.
ENTREGA DE LIBROS: preferentemente será en setembro
LISTAXE: comunicarémolo no seu momento nos taboleiros do centro tanto as provisionais como as definitivas
Achegamos dous arquivos coa disposición do DOG e resumo da orde