Publicada a Listaxe PROVISIONAL do Fondo de Libros

Xa está publicada a Listaxe PROVISIONAL do Fondo de Libros.

Pode consultarse vía Web na Aplicación Fondo Libros da Consellería de Educación, ou no Taboleiro de Anuncios na conserxería do IES.

Nesta listaxe provisional só aparece o número de libros ós que ten dereito cada alumno/a.

Publicada tamén a listaxe dos vales para material

 

As reclamacións contra esta listaxe poderán realizarse o Venres 12 e o Lúns 15 de Xullo.

A Listaxe DEFINITIVA, onde xa aparecerán os libros concretos que recibirá cada alumno/a, se publicará como máis tardar o día 26/07/24.

Horario do centro de 9 a 13:30

Libros de Texto 2024/2025 (actualización)

Nos seguintes documentos adxuntos pode consultar a listaxe de Libros de texto para o curso 2024/2025.

 

Aviso: para o alumnado de ESO que solicitou participar no Fondo Solidario de Libros de Texto recoméndase non mercar ningún libro ata a publicación da Listaxe Definitiva de solicitudes concedidas (26/07/2024) pois, aínda que non se teña dereito ós mesmos, a aplicación da Consellería de Educación pode adxudicar algúns exemplares no caso de contar con existencias sobrantes de cursos previos.

 

Libros de Texto 1º ESO (actualizado 10-7-24)

Libros de Texto 2º ESO

Libros de Texto 3º ESO

Libros de Texto 3º ESO - PDC

Libros de Texto 4º ESO

Libros de Texto 4º ESO - PDC

Libros de Texto 1º FP Básica

Libros de Texto 2º FP Básica

Libros de Texto 1º Bacharelato

Libros de Texto 2º Bacharelato

 

No Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística, en principio, non está previsto o emprego de libros de texto. De ser o caso se informará ó alumnado no inicio de curso.

Resultado Sorteo Viaxe a Madeira

A Axencia LiberTravel, encargada da organización da Viaxe Fin de Curso e responsable das papeletas do Sorteo dunha Viaxe a Madeira para 2 persoas, informa que:

 O número gañador é o 35.164 da serie 5

(Sorteo celebrado ante Notario o día 01/07/2024)

 En caso de posuír a papeleta co número gañador deben porse en contacto coa Axencia, no número de teléfono: 986.952.568

Premios MEGABAU para o alumnado do IES Primeiro de Marzo

  

Parabéns a Nuria Costas Misa e Jonathan García Valverde polos Premios MEGABAU 2024, outorgados ó alumnado con Mellores Expedientes de Galicia na ABAU.

 

A entrega de premios tivo lugar en A Coruña o pasado Venres 21 de Xuño.

 

FIN DO PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE AXUDA FONDO LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 24/25

Rematado o día 21 de xuño o prazo para  presentar a solicitude de axuda de beca para fondo de libros e material escolar para o curso 24/25.

A listaxe provisional de admitidos sairá o 12 de de xullo e a publicaremos no taboleiro de conserxería

ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL 2024/25. CICLOS SUPERIORES E MEDIOS

Xuntamos información sobre o proceso.

A solicitude realizarase utilizando o asistente informático dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para as ensinanzas de formación profesional en oferta ordinaria para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.

PRAZAS: 30 para Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística.

Horario presencial durante o curso de luns a venres

ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL 2024/25. FP BÁSICA

Xúntase calendario e información sobre o proceso.

Horario de atención en secretaría de 9 a 13:30 horas

Oferta: 18 prazas

Horario de clase de 8:30 a 14 horas de luns a venres e a tarde do luns

INFORMACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/2025

Achegamos, como información, os  modelos e as instruccións para a matrícula do vindeiro curso 2024/25. Estos modelos - impresos entréganse ao alumnado en conserxería cos sobre de matrícula

Calendario fin de curso e recollida cualificacións

CALENDARIO FIN DE CURSO

VENRES 21 DE XUÑO: DEVOLUCIÓN DE LIBROS. Os libros deberán devolverse na biblioteca. Lémbraselle ao alumnado que non poderán recoller o boletín de notas o mércores 26 de xuño se non devolven todos os libros.

NOTA: Comunicar ao alumnado que recolla o sobre de matrícula na Conserxería do Centro o día da entrega de notas (26 de xuño)

O luns 24 e martes 25 de xuño son as avaliacións finais da ESO, 1º Bacharelato, FPBásica e Ciclos.

Calendario a continuación de entrega de cualificacións finais

 As notas publicaranse en ABALAR ás 21:00 horas do martes 25 de xuño.

 

MÉRCORES 26 DE XUÑO: Entrega de boletíns o mércores 26 de xuño segundo o seguinte horario: (NON hai servizo de transporte escolar)

HORA/ CURSO/ LUGAR

9:00 horas

1º BACH A Aula - 16

1º BACH B Aula - 17

1º BACH C Aula - 18

9:30

4º ESO A Aula - 14

4º ESO B Aula - 15

4º ESO C Aula - 02

10:00

3º ESO A Aula - 12

3º ESO B Aula - 13

3º ESO C Aula - 01

10:30

2º ESO A Aula - 07

2º ESO B Aula - 09

11:00

1º ESO A Aula - 08

1º ESO B Aula - 10

1º FPB Aula - 04

2º FPB Aula - 11

11:30

1º ASCT Aula Ciclo

2º ASCT Taller_CS

INFORMACIÓN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ABAU

Achegamos información proceso extraordinario da ABAU (matrícula, taxas, horario probas etc), calquera cuestión atenderemos en secretaría de 8:30 a 14 horas.

 

Distribuir contido