Skip to Content

Localización

Mapa


Ver mapa en detalle

    Na marxe dereita do río Miño,no distrito 5 ,aséntase a zona de A Ponte con 27.393 habitantes, segundo o censo de 2016 .
Nesta zona –que conta con tres centros públicos de ensino secundario- encóntrase o barrio de O Vinteún, que limita ao Oeste co barrio de A Ponte, ao este co concello de Coles, ao Norte co concello de Amoeiro e ao Sur co río Miño, que o separa de Ourense capital.Demográficamente o barrio non é alleo á liña descendente que experimenta a cidade ,así, dende o ano 2006 o enclave perdeu 123 veciños ;se miramos un pouco máis cara atrás e imos ata o 2001 o descenso foi de 501 habitantes. Aquí está situado o Instituto de Ensino Secundario “Julio Prieto Nespereira”. O instituto foi inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia D. Manuel Fraga Iribarne, sendo conselleiro de Educación e O.U. don Juan Piñeiro Permuy, o día 25 de abril de 1992. O alumnado procede do mesmo barrio e de zonas rurais próximas: concellos de Amoeiro, A Peroxa e Coles polo que utilizan o servizo de transporte escolar gratuíto. Tamén temos unha minoría de alumnos que proceden doutros barrios e que son destinados aquí por distintos motivos

Distribuir contido


by Dr. Radut