Skip to Content

Visita o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

O 28 de marzo o alumnado de 3° ESO realizou unha saída didáctica ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao na que visitou a exposición permanente, percorreu  o castro e  participou nunha xincana sobre a romanización.

Pulsade na imaxe para acceder a galería e poder ver todas as fotos!!!

Álbum: Actividades Extraescolares -> Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa 2023

Andorra? Moi ben, grazas.(1ºBACH)

Diplomas recibidos polo concurso de Educación Financieira!!

O Colexio de Economistas mandou diplomas e altavoces inalámbricos ás nosas alumnas de 1° de bacharelato por gañar a fase local do concurso de Educación financiera. Parabéns!

 

EXPOSICIÓN D0 8M CON TÉCNICAS DE PICASSO

A seguinte exposición, realizada polo alumnado de 1º e 3º da ESO, ten como finalidade combinar o 50 aniversario do falecemento de Pablo Picasso e a reivindicación do papel da muller dentro da sociedade. Esperemos que vos guste.

Galerías de Fotos

 

Álbum de Fotos do Entroido 2023 no IES Julio Prieto Nespereira

Podes pulsar na imaxen para visualizar as fotos ou ir a Galería, pulsando en Galería de Imaxes.

Álbum: ENTROIDO IES PRIETO NESPEREIRA -> ENTROIDO 2023

ENTROIDO IES JULIO PRIETO NESPEREIRA 2023

Tal e como facíamos antes da COVID, o venres previo ao entroido celebrouse o noso concurso-desfile de disfraces. A actividade contou cunha participación masiva e o entroido trouxo alegría a O Sexto. Felicidades aos Gañadores!!

1º Premio Individual - O cigarrón

1º Premio Parellas - Os Cupidos

1º Premio Grupos - Os Pitbull

2º Premio Grupos - Os Desestructurados

3º Premio Grupos - Os Olímpicos

4º Premio Grupos - O Circo

 

Mandatos do Meco

Comezamos as celebracions do entroido cos "Mandatos do Meco".

Luns para comezar, cunha cinta na cabeza e uns Colares has de entrar!!

 

 

Mil Grullas chegan o Prieto Nespereira

Conta unha lenda xaponesa que se fas mil grullas de papel e o desexas moito, o teu maior desexo farase realidade.

Esta foi a lenda que os seus amigos lle contaron a Sadako Sasaki, unha nena víctima da bomba de Hiroshima que, ao cabo dos anos, caeu enferma de leucemia. Querendo que o pesadelo se acabase, Sadako comezou a construir as mil grullas, pero só chegou ás 644. Os seus amigos remataron o traballo por ela.

 Este luns, polo día da Paz, o alumnado de 4º da ESO colgou as 1000 grullas de papel na entrada do instituto, pero entre elas, destacaba unha moito máis grande, na que colgaba un nome especial: Manu, o noso compañeiro que recientemente nos deixou.

Van por ti, MANU!

Grazas as profesoras Nerea e María pola idea e dedicación e a todo o alumnado que participou.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut