REANUDACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
Reestablécese o prazo de presentación das solicitudes de admisión de alumnado, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
Recoméndase que se faga presentación telemática na páxina https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
No caso de non ser posible, solicitarase CITA PREVIA para ser atendido presencialmente no teléfono 988 21 85 70 (de 10 a 12) ou no correo electrónico ies.prieto.nespereira@edu.xunta.es
Pregamos traian cuberta a solicitude coa seguinte documentación:
1- Solicitude - Anexo II.
2- Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta)
3- Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente.
4- A efectos de aplicar o baremo:
- Certificado de empadroamento da unidade familiar oucertificado de empresa
- Certificado de familia numerosa
- Certificado de minusvalía
- Certificación académica de 3º da ESO onde conste a nota media (só para solicitantes de 1º de bacharelato)
- No caso de familia monoparental, copia da sentencia de divorcio
- Certificación da oficina de emprego, onde conste a situación de desemprego dos pais.
Novos prazos de publicación e reclamación
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020. (pregamos sexa entregada xunto coa solicitude/anexo II)
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido:antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicacón das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo.
Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020