SEGURO ESCOLAR
SEGURO ESCOLAR
Quén debe aboar a cota do Seguro Escolar?
Todo o alumnado menor de 18 anos que se matricule en 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de Bacharelato.
Cándo hai que aboar a cota do Seguro Escolar?
No momento de formalizar a matrícula
Cánto hai que aboar?
1,12 €
O feito de aboar a cota é suficiente para cumplir todas as esixencias do Seguro Escolar ?
Non. Ademais de aboar a cuota correspondente, é necesario ser titular dun Número de Afiliación á Seguridade Social (NUSS).
Como consigo o NUSS?
Para conseguir o NUSS é necesario cumprimentar o formulario TA.1 e presentalo xunto cunha copia do DNI do alumno, na secretaría do IES Julio Prieto Nespereira, no momento da matrícula, ou na Tesourería da seguridade social (r/ Concejo,1 de Ourense).
Cando reciban no seu domicilio a tarxeta co NUSS, deberán facer unha fotocopia e entregala na secretaría do IES JULIO PRIETO NESPEREIRA.
Protocolo de actuación en caso de accidente escolar
Alumnado de 1º ou 2º de ESO.
Sen cobertura polo Seguro Escolar
- Comunicar o feito ao/á profesor/a, ao xefe de estudos e na secretaría.
- O feito poráse en coñecemento dos pais.
- No caso de que fose preciso, avisaranse aos servizos de urxencias 112.
* Un/unha profesor/a (preferiblemente dos/as que estean de garda) acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais. - O alumnado con prestación da Seguridade Social, recibirá asistencia sanitaria no Centro de Saúde que lle corrresponda ou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
- O alumnado con seguro privado, recibirá asistencia no centro que lle corresponda.
- A prestación será cuberta coa tarxeta sanitaria do/a alumno/a.
- O alumnado con prestación da Seguridade Social, cando reciban no seu domicilio o Modelo de Prefacturación, deberán solicitar a documentaciónnecesaria no IES Julio Prieto Nespereira para proceder á súa tramitación no INSS e na Seguridade Social.
Alumnado de FPB, 3º ou 4º de ESO, 1º ou 2º Bch
- Comunicar o feito ó profesor, ao xefe de estudos e na secretaría.
- O feito porase en coñecemento dos pais.
- No caso de que fose preciso, avisarase ao servizo de urxencias 112.
- Un profesor (preferiblemente dos que estean de garda) acompañará ó alumno ata o momento que cheguen os pais.
- A sistencia sanitaria recibirase no Centro de Saúde que lle corresponda ou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
- Unha vez recibida a asistencia sanitaria, deberán achegar á secretaría do IES Julio Prieto Nespereira o parte de asistencia médica e solicitar a documentaciónnecesaria no IES Julio Prieto Nespereira para proceder á súa tramitación no INSS e na Seguridade Social.
- A prestación será cuberta polo Seguro Escolar.
- No caso de recibir no seu domicilio a comunicación de Prefacturación, deberano entregar na secretaría do IES Julio Prieto Nespereira para proceder á súa tramitación no INSS e na Seguridade Social.