Skip to Content

Validacións

 

Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral. enlace

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a implantación, no curso académico 2016/17, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO VI
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS E DERRADEIRA

Disposición adicional primeira. Medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral

A Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral será de aplicación no curso 2016/17 tendo en conta as seguintes consideracións:

1. A materia optativa de primeiro ou de segundo curso da ESO, do anexo VI da orde, entenderase referida a unha materia de libre configuración.

2. A materia optativa de terceiro curso da ESO do anexo VI da orde, entenderase referida a unha das materias específicas de opción (Cultura Clásica ou Segunda lingua estranxeira).

3. A materia optativa de cuarto curso da ESO do anexo VI da orde, entenderase referida a unha materia do bloque de materias específicas.

4. A materia optativa de primeiro ou de segundo de bacharelato, do anexo VII da orde, entenderase referida a unha das materias específicas de opción e libre configuración contempladas no anexo V do Decreto 86/2015, do 25 de xuño.



page | by Dr. Radut