O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro está preparando o inicio de curso para que a volta ás clases se desenvolva coas máximas garantías de seguridade sanitaria. Todas as actuacións deseñadas con ese propósito recóllense no Plan de Adaptación á situación COVID 19, que en breve lle será presentado á comunidade educativa. Ofrecemos agora algúns documentos de traballo que consideramos de interese:
- Enquisa epidemiolóxica. Este documento é unha guía para que as familias actúen en consecuencia. Non é preciso imprimila nin enviala.
- Declaración responsable das familias. Pregamos a entreguen no centro ou nola envíen ao enderezo electrónico matricula@iespintorcolmeiro.org