Skip to Content

Admisión a ciclos formativos [2024/2025]

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2024/2025.  

O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas comezará o 24 de xuño ás 9 horas e prolongarase ata o 4 de xullo ás 13 horas.

A solicitude deberá realizarse mediante un asistente informático vía web para todos os réximes e graos [ciclosadmision]. 

Información de interese:

  • Portal educativo da Dirección Xeral de Formación Profesional [aquí].
  • Instrucións xerais de admisión [aquí].
  • Orde do 15/06/2016, pola que se regula a admisión a ciclos formativos [aquí].
  • Buscador de centros con oferta de FP sostida con fondos públicos [aquí].

Remate de curso [2023/24] | Matrícula [2024/25]

Calendario de fin de curso [2023/2024]: aquí.

Matrícula ESO e Bacharelato [2024/2025]:

Prazo. Entre o 24 de xuño e o 8 de xullo de 2024.

Procedemento de entrega de documentación. Ofrecemos dúas posibilidades:

  • Presencial. Entre 9.00 h e 13.30 h.
  • Telemática. Toda a documentación poderá remitirse ao enderezo electrónico matricula@iespintorcolmeiro.org

Esta é a documentación que empregaremos para realizar a matrícula do alumnado que cursará ESO e bacharelato no 2024/25. Nota/ O impreso de matrícula de cada curso e o documento de consentimento do uso da imaxe son editables (pode cubrilos desde o seu ordenador).

Que documentos hai que entregar? Moi sinxelo:

O impreso de matrícula correspondente + consentimento do uso da imaxe + copia DNI/NIE do alumnado (a copia do DNI só se require para 1º ESO ou para alumnado de nova incorporación ao centro).

Nota/ Pode asinar os PDF sen necesidade de imprimilos, mesmo incorporando unha sinatura "manuscrita". Máis información nesta ligazón.

II Feria de Ciencia

II FEIRA DE CIENCIA

Organizada polo Club de Ciencia Colmeiro en colaboración coa Biblioteca, o EDL, Polos Creativos e O IES Plurilingüe Pintor colmeiro.

Podedes ver un resumo das actividades realizadas no seguinte vídeo:

Protexe o teu medio: A calidade do aire, da auga e da terra de Silleda

Protexe o teu medio: A calidade do aire, da auga e da terra de Silleda

Programa Ponte a Zero

Durante o mes de maio tivemos o pracer de participar en diversas actividades do programa educativo “Ponte a zero” da Deputación de Pontevedra, co fin de educar e sensibilizar sobre a redución e a boa xestión dos residuos municipais.

Cursos de capacitación dixital para persoas adultas

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro incorporouse no 2023 á Rede Galega de Educación Dixital da Comunidade Autónoma de Galicia. Un dos obxectivos desta plataforma é abrir os centros educativos á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo galego. 

A nosa aula de capacitación dixital vai levar a cabo varias accións no ano 2024. A primeira delas vai ser un curso de 30 horas de duración, dirixido a persoas maiores de idade que desexen mellorar as súas competencias dixitais en ámbitos tales como o manexo do correo electrónico, a navegación por internet ou o uso seguro dos dispositivos móbiles. Esta actividade desenvolverase en horario matinal durante a primeira quincena do mes de xullo de 2024.

O curso é subvencionado polo Fondo Social Europeo e será totalmente gratuíto. Ao remate conseguirase un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderán acreditar 30 horas asociadas a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo nacional de Cualificacións profesionais (IFC748_2)

Poderán participar neste curso as persoas que fixeron os cursos de capacitación dixital na nosa aula de capacitación dixital no 2023. 

A inscrición pode realizarse de calquera destas tres vías:

  • Nas propias oficinas do centro, en horario de 9:00 a 14:00.
  • Telefonicamente (986580904). 
  • Por correo electrónico, escribíndonos ao enderezo ies.pintor.colmeiro@edu.xunta.gal. Os datos que precisamos para a inscrición provisional son apelidos e nome, data de nacemento e un teléfono de contacto.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar [2024/2025]

Publicada a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.

Prazo. Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

Presentación. Hai tres maneiras de presentar a solicitude: 

  • De xeito manual e presencial (Secretaría do centro). 
  • Con creación de solicitude na aplicación Fondolibros e presentación presencial. 
  • Con creación de solicitude na aplicación e presentación electrónica [procedemento ED330B]. 

Documentación necesaria. As persoas interesadas deberán achegar os Anexos I e II da solicitude, que poden descargar desde Fondolibros [descarga dos Anexos I e II]. Tamén poden solicitar unha copia en papel nas oficinas do centro. Os devanditos anexos entregaranse xunto coa documentación que corresponda: 

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
    • Certificado ou volante de convivencia.
    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025 deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

Outra documentación de interese:

Matrícula ABAU 2024

O alumnado de 2º de bacharelato coñecerá oficialmente os resultados académicos da avaliación final ordinaria o día 15 de maio de 2024 a través da aplicación Abalar (hora de publicación: 18.00 h). As xestións necesarias para formalizar a matrícula na ABAU 2024 terán que resolverse entre o 16 e o 20 de maio. Ofrecémosche unhas indicacións para que todo che resulte máis doado: 

1. Pagamento das taxas do título de Bacharelato. Para este trámite utilizarás un formulario que estará dispoñible na Secretaría do centro. Dispós dun modelo xa cuberto aquí, que poderás usar como referencia para copiar os datos ao formulario. Despois terás que levalo a unha entidade bancaria e farás o pagamento. A entidade quedará coa copia que lle corresponde, ti con outra e a terceira traerala ao centro. Se optas polo pago telemático, podes facelo seguindo as indicacións deste documento. No caso de que teñas dereito a redución por familia numerosa, deberás traer tamén o documento que o acredite. 

2. Pagamento das taxas da ABAU. Poderás recoller o documento en Secretaría ou utilizar a versión electrónica [aquí]. Se optas polo pagamento telemático, deberás facelo seguindo estas instrucións.

3. Impreso de prematrícula na ABAU. Poderás recollelo na Secretaría do centro ou utilizar a versión electrónica [aquí]. 

4. Entrega no centro dos tres documentos anteriores: a folla das taxas do título, a copia do pagamento das taxas da ABAU e o impreso de prematrícula. 

5. O prazo oficial para realizar todas estas xestións rematará o 20 de maio (ás 13.00 h). De todas formas, é moi importante que resolvas o teu trámite antes desta data para evitar os típicos problemas e imprevistos de última hora.

Unha vez confirmada a matrícula, recibirás no teu correo electrónico o código que necesitarás para ter acceso a NERTA, a aplicación informática na que realizarás todas as xestións relacionadas coa ABAU e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazas do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Resumo de ligazóns de interese:

Bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE / 2024-25)

Publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025 [ver convocatoria].

O prazo de solicitude comeza o 30 de abril e remata o 13 de setembro de 2024.

Máis información: 

Spring Week 2024

Desde o día 28 de abril ata o 4 de maio parte do alumnado de 2º ESO do noso centro participará na quenda 3 do programa de inmersión lingüística da Xunta de Galicia SPRING WEEK na localidade de Mondariz, onde utilizarán a lingua inglesa para traballar temas relacionados cos deportes na natureza, enerxías renovables e cambio climático. 

Pódese acceder a información do programa na guía do mesmo [aquí].

Distribuir contido


by Dr. Radut